Algunhas cifras do libro galego

Atopo a explicación do crecemento de facturación no importante crecemento das vendas a empresas e institucións (aumentan en catro millóns de euros, o que supón un 22,4% do total), debido, en boa parte ao cambio de sistema de apoio ao libro galego da Consellaría de Cultura por medio dun sistema de compra e non de subvención. Outra boa noticia é que o libro galego continúa alicerzado na libraría (o 57,8% das súas vendas, aínda que porcentualmente baixa sete puntos con respecto ao peso desta canle en 2005, con todo un dato moi superior ao do conxunto do sector español, no que a libraría supón xa só o 33,3% ) e que as vendas nos hipermercados non arrancan en Galicia (supoñen un 3,5%, inferior á de 2005, e moi lonxe do 9,5% que supoñen no conxunto do Estado),
Entre a faramallada de datos estatísticos, hai algúns outros que convén rescatar. Os editores galegos pagaron o pasado 2006 1,9 millóns de euros en concepto de dereitos de autor (400.000 euros máis ca no ano anterior), aínda que só percibimos por explotación de dereitos noutras linguas 170.000 euros (cantidade inferior á de 2005). Con respecto ao emprego, o sector editorial galego privado ocupou en 2006 a 224 persoas, das cales 78 realizaban labores de creación e produción editorial.
Por último, quizais como retrato acaído da edición galega en 2006, non podemos esquecer os seguintes datos referidos á edición por ámbitos temáticos:
- A literatura supuxo o 19,7% dos títulos editados (15,5% en 2005), o 14,5% dos exemplares producidos (10,6% en 2005) e o 13,8% das vendas (12,8% en 2005). En definitiva, mellorou con respecto ao ano anterior.
- A literatura infantil supuxo o 32,8% dos títulos (30,6% en 2005), o 32,5% dos exemplares (25,6% en 2005) e o 23,9% das vendas (19,9% en 2005). O que supón que tamén mellora a súa participación.
- O libro de texto supuxo o 34,6% dos títulos (30,6% en 2005), o 42,2 % dos exemplares (35,3% en 2005) e o 48,5% das vendas (48,8% en 2005), o que supón, tamén un incremento.
- O resto da edición (libro de referencia e divulgación) supuxo un 12,9% dos títulos (23,3% en 2005), o 10,8% dos exemplares (15% en 2005) e o 13,8% das vendas (18,5% en 2005), o que supón un importante decrecemento desta tipoloxía de edición.
Un panorama, pois, coas súas zonas de sombra (semellantes ás dos outros gremios do estado), mais, tamén, con maior pulo do que se adoita expresar. Quedémonos (ás portas de coñecer os datos que proporcione o estudo do ISBN sobre a panorámica da edición en 2006, aínda non apareceu) co debuxo dunha liña esperanzadora.
Etiquetas: Comercio_Interior_Libro_2006
Marcadores: Comercio do libro, Edición
1 Comments:
Dependencia do sistema escolar (72% das vendas en 2006)... que seguirá medrando grazas ó 'secuestro' dos usuarios nas mans do sistema de préstamo de libros argallado en Galicia entre o sector e a Consellería de Educación.
Ademáis do aguinaldo da Consellería de Cultura coa súa promoción do libro galego... supoño que as ventas seguirán a dispararse no 2007.
O crecemento das vendas a empresas e institucións (4 millóns €, 22,4% do total) seguirá a medrar e medrar ata estoupar de éxito!
Eu me pregunto se desta tacada de millóns non se poderían sacar catro patacos para que non teñamos que ser os mestres os que fagamos o choio dos libreiros cada inicio de curso escolar...!
O sistema polo cal son os Centros Escolares os que teñen que apandar co traballo burocrático é xa unha vergoña: sabedes o que supón para os profesores tratar cerca de 5000 libros, de distintas editorias, niveis, e librerías... cos medios antidiluvianos cos que contamos?
Do pastel lingüístico unha boa parte correspondelle á Escola e ós profesionais que nela traballamos!
Esto empézase a parecer moito os intermediarios que suben o prezo das pacatas: cando xa están vendidas!
Todo é negocio... mentres uns cardan a lá... outros levan a fama!
Postar um comentário
<< Home