30.11.07

A tribuna de Borrazás

Tras a arroutada da pasada semana, é moi recomendable a lectura da sereno resposta de Xurxo Borrazás. Así comeza: "Certo. Os escritores e escritoras nunca temos a razón. Falo por min, que ninguén se ofenda. Somos egoistas, resentidos, perrenchudos, vaidosos e desagradecidos coa man que nos dá de comer. É por iso, intúo, que os lectores veñen a nós."
Etiquetas:

Marcadores: , ,

8 Comments:

Anonymous Anônimo said...

Pois a min sí me dan alerxias as industrias culturais. Coincito totalmente co que di Borrazás no seu artigo. Pero non me extraña porque sempre sospeitei que era unha descastada. E que se decido por como pais da miña tradición a Cortazar xunto con Celso EMilio Ferreiro? A tradición imola facendo nós cada vez que eleximos. E se decidimos quedarnos cos amigos porque non conxeniamos cos pais, é asunto de cada un. Faltaría máis!

12:05 PM  
Blogger folerpa said...

Concordo en grande medida co que expón Xurxo: son un descastado, como di hormiga. Eu non rexeito a tradición literaria galega pero o que non podo aceptar e que polo feito de escribir na miña lingua teña que abrir a boca e tragala toda dun bocado. A miña propia tradición, os alicerces da miña escrita posiblemente estean noutras xeografías e noutros medios (cine, moito cine, e televisión), o que non quite que ame a Manuel Antonio ou a Cunqueiro.
Son fillo do que son, primeiro, daqueles libros que meu pai tiña nos andeis da súa biblioteca. Escollo as miñas ferramentas con liberdade e enlamo as mans na pucharca que eu escollo. E se me trabuco no pasa nada, e o meu dereito como creador. E non me van facer comungar con outra cousa, aínda que cuspa sobre algunhas tumbas... síntoo.

1:09 PM  
Anonymous Anônimo said...

Eu creo que a crítica de Dolores Vilavedra non está ben entendida por Xurxo Borrazás, quen fai un relatorio bastante obvio por sensato ou bastante sensato por obvio do que é a Tradición. O que denunciaba Vilavedra, non sei se co acerto necesario, era a renuncia provocadora e completa dalgúns autores á tradición da literatura galega. Non quería restrinxir, creo eu, nin moito menos a libertade de elección dos autores con respecto á tradición, senón o feito concreto de certas afirmacións (máis ben boutades, segundo crin entender) sobre a irrelevancia para un escritor en galego da propia literatura en galego ou galega. O que discute, con formas feras, Vilavedra é a nulidade do concepto sistema literario galego: "A partir de aí, dalles por explicarnos que as persoas escriben soas, ao seu aire, e que iso do sistema literario é un invento dos profesores e dos críticos para perpetuárense a si mesmos. Talmente como se e existencia da literatura galega dependese da vontade dos críticos ... ou dos escritores." Creo que por aí vai a crítica, non contra a naturalidade con que cada autor elixe da tradición. Creo que o matiz contén unha diferencia sustancial, o que significa que os dous (Vilavedra e Borrazás) poden e teñen razón nos seus puntos de vista.
Sobre este particular. Porque outras cuestións que desenvolve polémicamente (arroutada ou non) o artigo de Vilavedra non teñen aínda resposta.

4:24 PM  
Blogger Mario said...

Concordo completamente con Arumes, a réplica de Borrazás é unidimensional, queda só cunha das frases do artigo de Vilavedra que contradí algo do que se di en "Arte e parte". Porén a crítica é máis global e afecta a un espectro máis amplo, dentro del esa tendencia de "eu non leo/non gosto de literatura galega", tan habitual, tan infantil e tan vella tamén.

4:50 PM  
Anonymous Anônimo said...

Nin o artigo de Vilavedra parece tan arroutado, nin o de Borrazás tan resposta...

5:52 PM  
Anonymous Anônimo said...

Tradición en bloque: de todo se aprende, tanto dos erros propios, como dos alleos. Tradición. Levaron pólas de albariño a outros sitios. Pero ese albariño non sabe coma o galego. Xa se sabe, a choiva, a néboa, esas condicións "especiais" que fan que o albariño sexa como é. Tradición e coñecemento. Non hai nada peor que presumir da propia ignorancia. Deconstruír a partir do construído. Todo o mundo merece, como mínimo, un respecto. Podemos ignorar a súa obra, pero, como creadores, sabemos o difícil que é facer algo, as horas que se botan, o desagradecido do "oficio". Ninguén merece que lle cuspan enriba.

Nin ser egoísta, nin resentido, nin perrenchudo, nin desagradecido, te fai mellor escritor.

Alerxias á industria cultural.Por suposto que o labrego "debe" preocuparse da terra, da semente, da auga e do sol. Pero nesa industria traballa xente, en Galicia, que vive de algo. Uns soldos, polo visto, que non teñen importancia. Algo irrelevante no país da fartura. A industria dá Códigos Davinci, e tamén Ciudadano Kane, Casablanca, O Padriño. Hai Coppolas, pero non está mal que lle boten unha man á túa obra para que vaia polo mundo adiante, sobre todo cando partes dunha situación de desvantaxe. Iso non ten nada que ver con manter a independencia creativa, sen arrimarse ao sol que máis quente, ou tentar mantela, que en todos os sitios cocen fabas. ¿Pero quen é hoxe totalmente independente? ¿Cantos rebeldes hai co rabo entre as pernas? ¿É ser independente, está por riba do ben e do mal, quen amputa unha novela orixinal para que sexa traducida? Supoño que esa amputación non sería "por quedar ben".

Consello regulador. Ogallá tivesemos un bo rexedor do consello. Faría que os nosos viños se bebesen en todo o mundo. Ter un bo rexedor, evitaría que nos ocupasemos doutras cousas que non fosen o sol e a auga e a semente. Poder ser, á fin, só escritores.

Que nos queiran máis. Todo escritor desexa que o queiran, porque todo escritor verdadeiro, "de raza", coma Borrazás, ten unha eiva na alma. Senón, non sería escritor.

7:16 PM  
Blogger Mario said...

Bufff.. Eu creo que os escritores teñen tanta eiva na alma como poden tela os panadeiros ou os conductores de autobuses. De feito, o meu ateismo militante impídeme crer que se poidan ter eivas en algo que non existe.
E tamén que somos tan egoistas, resentidos, perrenchudos e vaidosos coma calquera outro colectivo. E tamén queremos que nos queiran (ou non) como pode querelo (ou non) calquera ser humano. Uns máis e outros menos, que non todos somos iguais nen aprezamos as mesmas cousas.

Xa chega de malditismos e de sentírmonos especiais e tocados polos deuses ou polo demo. Contentémonos con facer o traballo ou a afección que escollimos, xa que podemos, coa mesma humildade coa que se fai unha limoada.

12:53 AM  
Anonymous Anônimo said...

Alégrame comprobar que os novos escritores, coma Mario, teñen un sentido común extraordinario. Noraboa.

12:14 PM  

Postar um comentário

<< Home