10.12.07

London 2012

Ás portas da celebración da cita olímpica de 2012, Londres xa comezou os preparativos para un evento co que as autoridades pretenden mudar completamente a súa fasquía urbana. A renovación do espazo de Wembley realizada por Sir Norman Foster xa é unha impresionante realidade que nos deixou moi ben impresionados, non tanto polo seu carécter de peza da chamada "arquitectura escultórica", como pola flexibilidade coa que foi concibida, moito máis alá dos usos dun estadio de fútbol.
Con todo, a presenza social do futbol continúa sendo omnipresente en toda a cidade. E non me refiro nin aos tinglados turísticos de venda de camisetas e iconografía dos equipos da Premier, nin ao espazo ocupado pola "información" futboleira nos medios de comunicación nin sequera ao desfile continuo de seareiros uniformados por estacións e aeroportos. Refírome ao feito de que o fútbol comeza a gañar os espazos da cultura, algo que entre nós aínda está case vedado ou considerado como unha excentricidade. Así as biografías dos futbolistas (xunto a doutros deportistas) ateigan os andeis de "non ficción" das librarías nesta campaña de Nadal. Así o escritor Nick Hornby se presenta na lapela da súa máis recente novela xuvenil (dedicada ao skate) como "escritor e seareiro do Arsenal", educado en Cambridge University e Highbury (podemos imaxinar que un dos nosos narradores se atrevese a semellante presentación?). Así a cartelaría futbolística centra os escaparates de Carnaby como un dos seus primeiros reclamos, adquirindo noutros casos a categoría de pezas artísticas expostas ao pé da Tate Modern. Aí van algunhas destas pezas que fotografamos en diversos espazos urbanos londinienses.


Etiquetas:

Marcadores: , ,

6 Comments:

Blogger Cesare said...

Dear fogs, :)
As biografías de deportistas están por todas as partes, pero xa hai moito. A min chamoume poderosamente a atención a novidade desta tempada: 'My Manchester United Years', de sir Bobby Charlton.

7:17 PM  
Blogger Brétemas said...

Efectivamente, Cesare. Tamén reparei na biografía de Sir Bobby Charlton. Como tamén vin unha chea delas sobre actores e músicos (hai un pack sobre Lennon ben simpático). O xénero da biografía ten na edición en inglés un grande peso, que aquí descoñecemos (máis alá dos libros canapé aos que nos ten tan afeitos o grupo Planeta). Ben sabe vostede do meu interese polos libros de non ficción. A verdade que andei fedellando por ese xénero. Por certo, sabe vostede como lle foi ao Ricky Hatton, supoño que debeu levar unha boa malleira?

7:35 PM  
Anonymous Anônimo said...

É cousa, ésta das biografías de deportistas ou anecdotarios amplios e ben ilustrados, tamén moi extendida en Italia. Unha parte importante das libreirías está reservada ás fazañas de ciclistas, futbolistas (ou de todo un equipo), nadadores (polos que sinten unha afección moi rechamante) e, por suposto, corredores de motos ou de fórmula 1.
O da biografía do meu outro pai, Bobby Charlton, non podo perdela.

10:12 PM  
Blogger Veloso said...

Pois aí vai unha idea para editores arriscados: un libro a medio camiño entre a biografía e a entrevista feito con vellas glorias do noso Celta. Non é momento de tomar un café con Ademir, Vicente ou Gudelj e preguntarlles como lembran aqueles anos?

8:43 AM  
Anonymous Anônimo said...

Lo mejor de nuestra literatura visitará Cuba con motivo del nombramiento
de Galicia como país invitado de la XVII Feria Internacional del Libro de
La Habana. Dos de los autores más traducidos de la literatura gallega:
Manuel Rivas, cuyas obras se pueden encontrar en 24 idiomas, y Suso de
Toro, que tiene toda su obra publicada en castellano y catalán, compartirán
experiencias con los asistentes. También habrá charlas, conferencias,
discusiones y presentaciones a cargo de otros autores fundamentales
para las letras de Galicia, como son Xosé María Álvarez Cáccamo, Rosa
Aneiros Díaz, Pilar Cagiao, Xosé Benito Calvo, Xosé Carlos Caneiro, Xosé
Carreiro, Fina Casalderrey, Antón Castro, Marta Dacosta, Xabier Docampo,
Miguel Anxo Fernán Vello, Víctor Freixanes, Agustín Fernández Paz, Lourenzo
Fernández Prieto, Manuel Ferreiro, Camilo Franco, María Pilar García
Negro, Antonio García Teijeiro, Bernardino Graña, Marilar Aleixandre,
Aurora Marco, Xosé Luís Méndez Ferrín, Anisia Miranda, Teresa Moure,
Xosé Antonio Neira Cruz, Xosé Neira Vilas, Luz Pozo Garza, Miguelanxo
Prado, Antonio Reigosa Carreiras, Antón Riveiro Coello, Xabier Rodríguez
Baixeras, Marga Romero, Eva Veiga y Helena Villar Janeiro.

2:10 PM  
Blogger Cesare said...

Sei, sei do seu interese, non vaia crer que me esquezo... :D Polo que sei, a Hatton déronlle ata no carné e perdeu, claro. Pero en boxeo só teño un ídolo, este: http://www.amirkhan-boxing.com/, por outra parte un auténtico best-seller a súa autobiografía.

6:58 PM  

Postar um comentário

<< Home