
Inevitablemente no
artigo da semana comento os resultados do
Informe PISA 2006. Como son consciente das limitacións do informe (mais vale que a
ministra fose, tamén, máis prudente), pretendín facelo dende a perspectiva da oportunidade que ofrece para enfrontar o reto da mellora da
comprensión lectora e da
alfabetización informacional. Estou convencido,
como teño salientado noutras moitas ocasións, que conseguir que o alumnado acade unha competencia aceptable en lectura comprensiva e crítica, tanto sobre os soportes impresos como sobre os dixitais, é o gran desafío do noso sistema educativo non universitario. Hoxe o dilema xa non está entre "ler ou non ler", o envite do futuro é "ler para comprender de forma crítica o mundo coas palabras de outros".
Marcadores: Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Educación, Lectura, Literacidade
1 Comments:
A ministra dá toda unha lección... de como zafar.
Postar um comentário
<< Home