Jalisia
Xurxo Lobato, Galicia canibal, Chantada 1995
Onte domingo convidáronos á Domus para que intervísemos no acto de aniversario dos Sumilleres. Unha cerimonia entrañable, na que se entregaron as placas dos viños distinguidos do 2004 e na que se recoñeceu como o mellor labor xornalístico do pasado ano na promoción do viño galego o realizado polo fotógrafo de Monelos. O acto protocolario ben, o xantar mellor (o porquiño caramelizado e o follado de plátano, soberbios).
O traballo de Lobato, a pesar de ser moi coñecido, está pouco estudado entre nós. A súa Jalisia, a súa Galicia caníbal (quizais as súas series máis persoais e queridas) expresan unha Galicia de ficción, a cabalo da tatuaxe dun tempo histórico, que morre, e dun futuro de plástico e pvc. que emerxe. A súa mirada sobre esa encrucillada dun tempo mestizo produce unhas instantáneas sorprendentes, chamadas a converterse en testemuñas da aceleración histórica que vivimos na Galicia de entre séculos. Paga a pena visitar o libro que lle dedica PhotoBolsillo na Biblioteca de Fotógrafos Españoles (editado por La Fábrica). Por certo, esta magnífica colección merecería ser emulada en Galicia (a relación calidade/prezo é excelente, sen dúbida grazas á esponsorización de Caja Madrid).
Proxectos para o novo ano
Hoxe longa reunión de case dez horas coa totalidade do equipo de edición e promoción. Repasamos as vendas do pasado ano de todas as coleccións e debatemos sobre os novos proxectos. Como sempre sucede nestas ocasións, enfrontarse coa realidade dalgúns fracasos doe, e soñar os novos libros, entusiasma. Estou contento. Creo que saimos mellor ca entramos. Comeza de novo a vertixe.
Os culturetas nacionalistas
Comentamos o artigo da pobriña Luisa. Mágoa que o xornal que lle paga non lle abra un blo cos seus pareceres. Tería visitas abondo.
Marcadores: Artes Visuais
5 Comments:
Que o abra ela se quere, non?
Ademais para qué, cando o devandito xornal xa lle ten un blo aberto, pagado como ti ben dis e con moitísimas máis visitas que todo o blogmillo xunto. Vale que co parapeto de non poderlle comentar en directo, mais para algo están as cartas ao director. Polo demais, aínda que o do blo soa máis moderno, non sería moi distinto do que xa fai.
O artigo publicouse no suplemento Culturas de "La Voz de Galicia" do pasado sábado, 29 de xaneiro. Estes textos non se poden ler na web do xornal.
Este comentário foi removido por um administrador do blog.
Este comentário foi removido por um administrador do blog.
Este comentário foi removido pelo autor.
Postar um comentário
<< Home