Clásicos
Miguelanxo Prado, Industria, 2004
Á primeira hora da mañá atopo na caixa de correos este agasallo de Miguelanxo. A providencia laica prometía que hoxe sería un día de clásicos. Ao mediodía viaxo con Agus a Teucro para atoparnos con Mariasun e logo visitar o Salón do Libro Infantil. Conversamos sobre libros e, inevitablemente, sobre o debate (que nos estabamos perdendo). Coñecemos moi pouco os termos do conflito vasco, quizais, porque a información que recibimos sobre o asunto procede dos medios madrileños e está sempre contaminada pola lamentable violencia de ETA.
Os clásicos centran este ano un Salón, outro ano máis, expléndido e ateigado de actividade e fantasía. Hai moito que ver. Gustei, sobre todo, da exposición Can de palleiro, preparada polos membros da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI); o noso humilde canciño en máis de trinta interpretacións (sorprendentes e divertidas). Longa vida para o noso can máis caseiro!
Este salón de Teucro é unha illa pirata de liberdade. Organizado con grande esforzo pola concellería de cultura e por un grupo de profesionais da animación á lectura conta cos medios xustos (non ten subvención ningunha da Xunta). Creo que a imaxinación e a creatividade desbordada, un programa moi variado e multidisciplinar, a participación dos centros escolares son algúns dos ingredientes do seu éxito e do seu crecemento continuo. Se fose organizado en Cataluña ou en Italia, ocuparía durante toda esta semana as primeiras páxinas dos xornais e das televisións. Péchase o sábado cunha homenaxe a Neira Vilas e Anisia Miranda. Alí estaremos con eles. Quen poida achegarse ata Teucro, non debería perdelo.
7 Comments:
¿Até cando está? :)
O Salón abriuse o domingo, 30 de xaneiro, e pecha o vindeiro sábado, 5. O xoves, 3, ás 20:30 hai unha conferencia de Gustavo Martín garzo sobre "A literatura como fascinación". O venres, ás 22:00 hai unha actuación de Quico Cadaval. Ademais hai teatro e títeres todos os días. Pódese enlazar co programa nos enlaces que introducín no texto.
Gostei de conhecer Miguelanxo Prado.
Terá algo que ver a falta de apoio da Xunta a este Salón coas noticias recentes sobre a Celulosa? Son estas as coincidencias entre a industria e o mundo da creación cultural?
Mariasun non só é unha escritora extraordinaria senón tamén unha persoa encantadora. Dou fe.
Martin: certamente que o é. Si é desas persoas que verdadeiramente acollen. Para min é sempre un pracer falar con ela. E, por riba, é simpatíquísima. O que nos rimos non é de contar. Martín: sigo o teu blo con moito interese. Os meus parabéns.
Eu tiven o pracer de conhecela en setembro durante o Festival de Donostia, no que ela era xurado da sección de Novos Realizadores. A súa xornada festivaleira era, polo tanto, igual de intensa que a minha, así que non puidemos falar ao vivo até o último día, minutos despois de que ela lese como voceira os premios do seu xurado e pouco antes de que Vargas Llosa lese como presidente a acta da sección oficial.
O que non lhe dixen daquela, e tampouco hai uns días en Pontevedra, é canto gosto eu do "Crocodilo" e aínda mais do conto "A morte e a mestra", un dos textos mais brilhantes e fermosos que eu lin nunca.
Postar um comentário
<< Home