Nin terra nin tempo
O anuncio das listas do BNG é outra decepción máis. Ao longo do día coméntoas con varios amigos e todos coincidimos: semella unha purga irresponsable que non ten sentido ningún (lémbrame a que fixeron con nós en 1977, si hai vinte e oito anos, cando eramos uns rapaciños de Erga, aínda o sinto con tristeza). A UPG asegúrase os postos de saída (Rodríguez sabe que canto peores sexan os resultados que obteña o BNG, mellores serán as posicións políticas dentro da organización que vaia obter a UPG); o perfil do resto das candidaturas é politicamente baixo e tecnicamente insuficiente (a inexperiencia parlamentaria non asegura apertura á sociedade nin amosa un equipo de goberno máis fiable, como se pretende).
O lema ("un país novo") é patético. U-lo programa? Esta é a renovación que nos anunciou Quin?
Creo que a actual executiva do BNG confúndese de terra e de tempo; non vexo por ningures que posúa unha reflexión profunda sobre a Galicia do futuro (escoitaron o debate da SER?) nin que se recolla o espírito integrador e aberto do nacionalismo democrático que se foi forxando nos últimos vinte anos. Cara onde imos con estes vimbios?
A única esperanza que vexo para librarse do meigallo é promover unha forte corrente de participación política na sociedade civil (sobre todo nos mozos e nesa maioría de nacionalistas e galeguistas de tradición republicana que non militamos). O labor de todos será mover ao abstencionista de esquerda que, a pesar destas decepcionantes candidaturas (as socialistas non che son mellores), vote.
Este panorama desolador non me impide que mañá vaia poñer todo o meu pulo na presentación das Bases do Novo Estatuto en Vigo (o traballo pagou a pena, aínda que fose desprezado polos responsables da UPG). Convido aos que teñan interese a asistir á casa do Libro ás 8 da tarde.

Marcadores: Política
4 Comments:
Amigo Manolo, non teñas dúbida que moitas e moitos no BNG pensamos o mesmo. Mais a esperanza da derrota do fraguismo fai que gardemos silencio.
Meu deus, estamos na trincheira... :)
Con todos os meus respectos, ou incluso máis, creo que estas listas, para os que non son militantes e paramilitantes, p.ex., miña mai, teñen dúas cousas moi importantes: son moi renovadoras e paritarias. Dende as tripas vense outras cousas, claro, pero quizais non sexa a imaxe que se debe transmitir.
En todo caso, deberiamos pensar cal foi o traballo que os 17 deputados nacionalistas fixeron nestes últimos 8 anos, e despois empezar a facer cábalas de quen é a culpa dun retroceso, de producirse.
Eu estarei con vostede movendo esa faísca de pulo, e incluso estou con vostede en que me gustarían unhas listas máis cobizosas, con máis mariñas, máis dovales e máis uxías.
Pero "hai un tempo pra sementar e un tempo pra recoller". E este, polo de agora, é tempo de sementar.
Amigos Cesare e Bretemas, para os que sabemos das tripas do monstro, as listas non son boas. Mais que renovadoras son renovadas, aínda que moitos dos que nelas van representan a mesma vella política de moitos que antes estaban. O da paridade, con todo, é unha renovación que é aplaudíbel na miña idea. A deseperanza que trasmiten as listas contrasta co ilusionante que foi para a maioría de nós o Foro Novo Estatuto. Alguén debería explicarnos porque non poden ter as listas do BNG o mesmo ADN que o Foro. Mágoa que o Foro non se presente, algo teremos que facer polo BNG a pesar do que o BNG nos ofrece. Saúde.
que barreiro?
eu coñezo uns cantos e case todos son cracs...
Postar um comentário
<< Home