Ardemos
Así titulei o artigo da semana. A verdade é que lendo as noticias de hoxe creo que me quedei curto e moi piadoso cos pirómanos.
Revisando nas seccións de opinión, tanto dos medios impresos como dos dixitais, non atopo ningunha outra referencia a este problema. Ardemos e queremos mirar para outro lado?
Revisando nas seccións de opinión, tanto dos medios impresos como dos dixitais, non atopo ningunha outra referencia a este problema. Ardemos e queremos mirar para outro lado?
Marcadores: Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Sociedade
3 Comments:
Non sei a que se debe o que contas, pero quizáis sexa porque é un asunto que levamos arrastrando taaantos anos que parece que xa está todo dito...
Hoxe mesmo, no xantar en casa dunha amiga, saliu a cuestión e a conversa durou dous minutos aproximadamente... Poida que aos columnistas lles pase o mesmo e xa non saiban que enfoque darlle.
Saúdos.
É tremendo. Un ano máis os nosos montes arden nos catro cantos do País no que dramaticamente podemos dicir xa que forman parte da paisaxe veraniega de Galiza. As cifras oficiais falan de perto de 20.000 hectáreas queimadas no que levamos de ano. Co engadido de dous traballadores mortos nas tarefas de extinción dos lumes. Coido é hora de deixarse xa de eufemismos e denunciar os intereses económicos que negocian co lume, nomeadamente os intereses urbanísticos e madereiros. É urxente lexislar xa para que en ningún caso poidan tirar beneficio económico do terrorismo medioambiental. Xunto a estes auténticos empresarios do lume, existen tamén outros elementos como poden ser, os motivados por intereses cinexéticos, ou de procura de novos pastos, e mesmo a concorrencia fatal do exercicio deportivo da piromanía e das inevitábeis imprudencias ludico-gastronómico-estivais. En todo caso, os lumes disfrutan para o seu reinado dun marco incomparábel favorecido polo despoboamento do rural, que provoca o abandono do monte e que xa que logo, transformao nunha auténtica bomba de reloxería preparada para ben arder con moi pouco esforzo. Urxe unha política de prevención e sobretodo de MENTALIZACIÓN. Que o terrorismo medioambiental non saía barato, que as galegas e galegos, máis alá da palabrería retórica valoremos de verdade o noso patrimonio como propio. Claro que isto non será realmente posíbel mentres o galego non rache co minifundismo que todo o asulaga e que fai non valorar coa gravidade que realmente ten, o lume no monte cando non afecta a nosa leira. Así de duro é. Sorte ao profesor de matemáticas. Vaina precisar.
Por aqui também!
Postar um comentário
<< Home