Con frei Betto

Falando moi amodiño cun charuto na man, dos que lle agasallou o seu presidente, describiunos a síndrome da mosca azul, a que padecen algúns políticos de partidos de esquerda cando quedan apegados aos sabores do poder. "Chegan ao goberno, mais esquecen que non teñen o poder". Para el esta mosca azul é un síntoma máis da crise da democracia no entorno actual da globalización liberal.
Reiterounos o seu agradecemento pola acollida que recibiu nestes tres días nas dúas conferencias que pronunciou en Galicia e o seu desexo de ver algún día publicado en galego un dos seus libros. Confesounos que a proximidade cultural entre os nosos pobos e a facilidade da comunicación foi unha sorpresa que non agardaba. Despedímonos falando das saudades de Perdices, o distrito paulistano onde vive e do que eu gostei o pasado ano. "Deberiamos vivir trescentos anos como as tartarugas. Os primeiros cen para aprender, os seguintes para crear e traballar e os últimos para ensinar" díxonos cando entraba pola porta do seu hotel.
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home