O futuro da CRTVG
A partir do post de urxencia que publiquei sobre a comparecencia no Parlamento do director da CRTVG preparei o artigo da semana sobre o futuro da TVG e a Radio Galega.
Creo que a posta en marcha dunha segunda canle de televisión e dunha compañía pública galega de Internet, así como acometer un proxecto de xestión dos medios actuais rigoroso e austero, baseado na independencia da compañía e no seu carácter de servizo público, son medidas que non deberan ser adiadas.
Creo que a posta en marcha dunha segunda canle de televisión e dunha compañía pública galega de Internet, así como acometer un proxecto de xestión dos medios actuais rigoroso e austero, baseado na independencia da compañía e no seu carácter de servizo público, son medidas que non deberan ser adiadas.
Marcadores: Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Televisión
3 Comments:
Sobre a segunda canle autonómica, eu case prefiro que se adecente a que xa hai (incluido o asunto dos cartos, claro).
Dende Galicia, claro, a importancia do canle autonómico resulta case que evidente. Mais dende a diáspora, a presencia na TV de series, telediarios, películas foi (diría sem medo a errar) determinante na história persoal de centos de persoas que fai décadas que chegaron aquí e gardaron o idioma galego nos baús e caixóns, coa vergoña de quen é diferente. Foi nos anos 90, cando a TVG deu en mostrar una Galicia moi diferente a que todo-los emigrantes gardaban na memoria con morriña ou con resentimento. Unha Galicia moderna na que o idioma non era xa razon de vergoña senon de reivindicación e de identidad. Na miña casa, e coido que en moitísimas outras casas, o galego deixou atrás ese manto de segredo que tiña e voltou-se algo fermoso, próprio, ímtimo, irrenunciábel. Por iso, penso que a TVG merece ser moito mais do que es. Porque ten una enorme responsabilidade non só dentro senon e tamen fora de Galicia. Apertas dende Bos Aires e perdón pero o meu galego escrito e moi noviño!
O seu galego é magnífico. Ten razón, a TVG precisa un cambio importante. Agardameos que veña con este tempo novo que estamos vivindo en Galicia.
Postar um comentário
<< Home