4.12.05

O libro, para quen o traballa

Aínda que sei que o debate aburre, por reiterado neste espazo, non me resisto a deixar de recomendar a lectura deste artigo do escritor vasco Pedro Ugarte sobre a gratuidade do libro escolar. Obrigado, Txetxu pola magnífica pista.

Marcadores:

4 Comments:

Anonymous Anônimo said...

Es una demostración clara de que algunos autores, siempre tienen cosas interesantes que decir. Más que los políticos y que muchas personas del "sector profesional" del libro

2:36 PM  
Anonymous Anônimo said...

As familias galegas (e españolas) están entre as de menor gasto social de toda Europa, a anos luz doutras nacións. Os diferentes governos do estado apenas teñen recurtado as diferenzas. O debate entre os subsídios universais ou en función das rendas está presente, non hai que negalo, mais boa parte de estados referencia como Bélxica, Suecia, Dinamarca ou Franza logo dun tempo de cuestionalo volveron a ese sistema universal de outorgar mesmo até os dezaoito anos unha axuda ás familias con independencia das rendas. Por iso, por estarmos diante dunha medida que só en parte recurta esa distancia en gasto social e familiar estráname a insistencia con que recurren desde o sector do libro a descalificala. Se teñen un problema polo xeito en que o fixeron, en que vostedes perderon cartos con esta operación plantexenno como que queren seguir a recibir contraprestacións, mais non fagan sentir mal aos pais e nais que acollemos esa axuda, como se estiveramos a ser cómplices dun desfalco contra o estado do benestar.

Non entendo a descalificación do autor que vostedes gaban, explicar por qué los libros de texto deben costar dinero a las familias, salvo a aquellas de renta muy baja, sería una ofensa para cualquier mente en activo pois eu debo ter a mente atrofiada porque sigo sen entendelo. Moléstalles a gratuidade dos medicamentos? Das prestacións sanitarias? Da circulación libre nas estradas? Por que o material escolar non debe formar parte da gratuidade xeral do ensino público? Por que plantexan para el tamén o pago en función das rendas? Propoñerianno para a sanidade? O IRPF xa estabelece as diferentes achegas da cidadanía en función dos seus ingresos. Pode funcionar mellor ou pior, necesitar retoques para que aos que máis teñen máis ingresen. Aí é onde se estabelece a progresividade, aí é onde un pai con ingresos superiores vai achegar máis ao estado. Por que me teño que sentir culpábel eu en recibir unha subvención polos libros de texto a partir destes ingresos estatais? Non se subvenciona tamén a grande empresa por non sei que proxecto? Ás patronais do transporte porque lles sube o gasóleo? A RTVE por que perde cartos? Á Igrexa polo Concordato? Podo pagar os libros, afortunadamente, como as medicinas, o ensino universitario, ou outros servizos públicos. Mais creo no seu carácter universal e público e no seu financiamento desde as achegas de todos, como tamén que deben nacer mais liñas de axuda aos que menos teñen.
Non me gustou tampouco esta frase
(y la estratagema de muchas familias, ansiosas de liberar nuevos fondos para dirigirlos a aventuras consumistas ). Eu vou destinar a libros os euros que o estado devolve, pero ímolos escoller os meus fillos sen interferencias. Libreiros non se preocupen que eu manterei o gasto en libros por que vos quero.

1:06 PM  
Anonymous Anônimo said...

MOI BEN, Adolfo, tes toda a razón. Onde hai que asinar?

2:16 PM  
Blogger Brétemas said...

Estimado Adolfo: recomendar a lectura dun artigo, non supón compartir o seu contido. Fíxeno para exemplificar os termos dun debate que non se está dando só en Galicia.
Con respecto á cuestión de fondo, comparto a maior parte da súa análise, especialmente á que fai referencia á universalidade da medida (por se tratar dun servizo público universal)e ao criterio de que a progresividade se estableza por medio do imposto da renda. O que non comparto con vostede é identificar gratuidade do libro escolar da educación obrigatoria co sistema de préstamo. Existen outras alternativas, igualmente universais, que non menoscaban os dereitos á gratuidade das familias, como o da tarxeta electrónica (unha cantidade fixa igual para todos os escolares que proporciona o goberno rexional para adquisición dos libros nas librarías)que se están ensaiando en Francia con éxito(Bretaña, por exemplo). En Galicia optouse pola modalidade máis económica de prestar libros usados, obviando as consecuencias que esta fórmula podería ter para o conxunto do tecido cultural. Os editores galegos xa non sabemos como expresar que non estamos en contra do dereito de gratuidade (para nós incuestionable, como é a gratuidade); o que non quere dicir que a modalidade actual utilizada pola Xunta de Galicia para facelo efectivo poida ser mellorada.
É moi doado culpabilizar aos editores e libreiros, sectores económicos ben modestos se nos comparamos con outros, de constituír un sector antipático e "reaccionario" (como se nos ten cualificado) por criticar democraticamente a forma de implantar unha medida social coma esta. Non me cansarei de insistir en que o futuro do libro e da lectura, baixo o soporte actual de papel ou baixo os novos de carácter dixital, é un tema político relevante para calquera sociedade contemporánea. Futuro que non depende só do que fagamos editores e libreiros. Mágoa que algunhas das opinións que se expresan para defender a actual modalidade de préstamo semellen esquecelo. A min isto é o que máis me preocupa de todo este interesante debate.

3:06 PM  

Postar um comentário

<< Home