Na mortalla
Memorable este longo post de Ian sobre a matanza en Valdeorras. É deses textos vividos, literariamente fermosos, dispostos para ser saboreados de vagariño e nos que ao seu remate queda un retrogusto de melancolía. O melloriño que teño lido na rede en moito tempo. Unha peza senlleira para incluír en calquera manual de lingua galega e nun manifesto de política futura. Recoméndoo moi vivamente.
Marcadores: Festas
7 Comments:
tache ben o conto. Moi chulo.
Enviolle o enderezo dun blog do que non sei se ten constancia... mais creo que o último post pode ser do seu interese. Saúdos
http://calidonia.blogspot.com/
Lino onte e concordo.
Como se nota, Bragado, que es o típico urbanita vigués "galeguista" con mala conciencia por non ter ningunha raíz enxebre nin contacto co campo galego.
Para os que vivimos acabalo dos dous "mundos", non vemos nada tan especial no texto: tan só que é correcto e certo o que di.
Mágoa destes comentarios anónimos que amosan tan escaso horizontes. Apárvame o que eles consideran correcto. Meu deus!
O post e mangnifico non só pola descripción da matanza seón polo que ten de reflexión dun mundo que esmorece e do que tan ben fala Berger. Un mundo íntimo que para min xa morreu cos meus avós fai anos.
A mágoa e que que tan magnifica reflexión fique nun blogue na rede e non teña maís reperucisión mediática en calquera diario ou revista do páis.
E o di un neto de feirantes e taberneiros.
"Correcto" no sentido de verdadeiro e que se ten razón no que se di.
Apárvame que urbanitas malentendan o que se quere dicir e que amosen tan escasos horizontes... de cemento armado.
Parece que detrás do "anónimo" e do "titular do post" hai as clasicas miradas "etic" e "emic" (que din os antropólogos), pero ningunha das dúas implica nin exclúe unha posible mala conciencia. O que é evidente e que para ver as couas ás veces fai falta distancia, incluso para reparar nelas. O post é moi bo, incluso sabendo diso moito máis do que alí se conta. E o ton é o axeitado: todo iso morre e desaparecerá en poucos anos, incluso sen que interveñan as autoridades sanitarias (que xa teñen pensado en facelo).
Aí vai un enlace onde se fala da gastronomía da matanza: http://www.xente.mundo-r.com/valdoneira/gastron/gastrpocar.htm
Postar um comentário
<< Home