Benvido, deus Momo
No artigo da semana saúdo a chegada do deus Momo, o rei do do refundado entroido vigués.Marcadores: Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Festas, Vigo
Notas do traballo de edición
No artigo da semana saúdo a chegada do deus Momo, o rei do do refundado entroido vigués.Marcadores: Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Festas, Vigo
Marcadores: Beizóns, Efemérides, Festas, Música, Vídeos

Marcadores: Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Festas, Vídeos
No artigo da semana falo do «Día de mortos»mexicano, efeméride que coincide coas nosas de Santos e Defuntos ou do Samaín.Marcadores: Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Efemérides, Festas, Recurso_didáctico, Vídeos
Rafael López Loureiro, o primeiro estudoso e animador do Samaín galego, envíame o programa de actividades do Samaín de Cedeira que ven animando de forma ininterrumpida dende hai dezaoito anos. A festa comezará esta tarde de sábado, ás cinco da tarde coa recollida de melóns para irse apuntando ao Concurso Exposición de caveiras. Tamén haberá unha llinkana , un Obradoiro de Maqueado, a cargo da actriz e directora de teatro Fusa Guillén e Merendola de Outono, con bola de azucre e requeixo, outros dous clásicos da festa. No lus con fus, a iso das oito e media, máis ou menos, sairá a Pasarrúas das Pantasmas que con todas as luces da vilavella apagadas fará o tradicional percorrido polas calellas e currunchos máis agachados para ao seu remate facer a Entrega de Premios do Concurso Exposición, non quedando xa senon darnos entre todos o De Hoxe nun Ano e preguntarnos: ¿Qué hai na plaza? e contestarnos: Papel de estraza! e así concluírmos: Cada un que se retire pra a súa casa. Beizóns, Rafa!Marcadores: Efemérides, Festas, Recurso_didáctico
No artigo da semana felicito á concellaría de Cultura de Vigo polo seu programa de Festas verán 2008, ao tempo que aproveito para reflexionar sobre o carácter laico que deben ter este tipo de eventos e dos comportamentos das autoridades e funcionarios civís.Marcadores: Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Festas, Política, Vigo
Con motivo do domingo de Entroido, no artigo da semana lembro cómo se desenvolvía en 1877 o Carnaval en Vigo. Daquela era o deus Momo e a suá corte de damas e demos os quen protagonizaba un desfile que se celebraba dende o Campo de Granada ata a Alameda (onde este ano, felizmente, volveu a entroidada da man da Concellaría de Festas).Marcadores: Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Festas, Vigo
Esta noticia de Máis Alá éncheme de ledicia. A volta dos "Merdeiros" a máscara tradicional do Berbés é unha das miñas vellas teimas. Hai sete anos, publiquei o primeiro artigo no Faro sobre esta máscara viguesa dos "merdeiros" ou "escabicheiros" do noso barrio de pescadores, figuras que satirizaban ou parodiaban cruelmente aos campesiños que viñan a Vigo a limpar os pozos negros e recoller o escabiche, os refugallos do peixe no peirao do Berbés, co que estercaban as súas leiras. Unha máscara desaparecida a partir de 1936, que pretendía ridiculizar de forma festiva, e algunhas veces provocadora, aos campesiños nun ambiente netamente mariñeiro.
Coincidindo co inicio desta primeira semana do Entroido puxemos nas librarías unha nova edición, totalmente renovada, do Carnaval en Galicia, o libro de Federico Cocho, con magníficas fotografías de Manuel G. Vicente, que percorre as manifestacións e a xeografía do noso entroido tradicional, tanto rural como urbano: os Momos e Mecos, os Felos de Maceda, os míticos Cigarróns, os Troiteiros de Bande, os rechamantes Xenerais do Ulla, os Merdeiros de Vigo, Peliqueiros, Pantallas, Tamborradas de Viana do Bolo, Foleiros de Sande, Marfois, Choqueiros, Zarrampallos, Madamas e Galáns de Cobres... E tamén a rica tradición do carnaval nas vilas e cidades: o Urco e o Ravachol de Pontevedra, os apropósitos coruñeses... Un libro ben xeitoso para estes días de xoldra.
Rafael Fernández Loureiro, o impulsor da festa do Samaín, envioume o cartel da XVIIIª edición do Samaín de Cedeira. Despois da polémica, ben merece quedar no arquivo.Marcadores: Efemérides, Festas, Recurso_didáctico
Mario pedía nun comentario unha anotación sobre Samaín, para volver sobre o animado debate do pasado ano. Onte, vendo as desconexións locais na canle internacional da TVG (un exercicio moi interesante) puiden comprobar que a festa renace con pulo en toda Galicia, sendo múltiples as iniciativas, sobre todo no eido escolar. Mais, tras o artigo de hoxe de Ferrín, o debate volve estar sobre a mesa. Velaí como remata o texto (recomendo lelo completo) do mestre quen, como ben sabemos, non é un celtista convencido:"O que nos di claramente que a festividade das bruxas e dos espíritos é unha reivención recente tamén en Escocia e Irlanda. A Festa foi lanzada unha vez adoptada como "tópico situacional" polo cine e a televisión norteamericana, que impuxeron Halloweein ao mundo en catro patadas e o mundo obedeceu, como é regra, ao Imperio. En rigor, até onte mesmo, no universo anglosaxón Hallowe´en ou Halloween ou Allhallows era só formas, e non as máis usuais, de designar a festividade realixiosa de Todos os Santos.
A noite de Halloween, do 31 de Outubro ao 1 de Santos, recibe en irlandés moderno, incluido o gaélico de Escocia, o nome de Samain. Aplícase (como en galego Santos) á festa de Todos os Santos e ao mes de Novembro. Do irlandés antigo Samana, a palabra, de raíz indoeuropea moi rendedoira significa orixinalmente algo así como "reunión, asemblea". Non sabemos se a reunión de Todo os Santos que van en plan Santa Compaña facendo machin-in animados pola voz augardenosa de Louis Amstrong ou ben da reaunión da parroquia dos vivos coa dos nosos defuntiños. O caso é que existe hoxe en Galicia unha corrente ideolóxica celtista que pretende que o Samain ou Samhainn ou Oidche Shamhna, lonxe de ser algo exótico e irlandés ou escocés, constitúe unha celebración auténticamente galega (por celta) e da cal xa se teñen, tendo Ortigueira como punto de irradiación, escrito e difundido unidades didácticas nas escolas.
Vexa como, no tempo dun alustre, un costume imposto polo imperialismo norteamericano (Halloween) se transforma nunha falsa tradición céltica galega. Ou sexa=dunha imposición a unha impostura."Etiquetas: Samaín
Marcadores: Efemérides, Festas, Recurso_didáctico
No artigo da semana volvo sobre a miña teima coa calidade do programa das festas de Vigo. A pesar do concerto dos Arctic Monkeys (gustei moito desta actuación en Castrelos dos indies de Shiffield) e do ciclo de cine ao aire libre Realidade 07, a liña continuista e rutineira do programa é decepcionante. Non entendo, tampouco, a teimosía do novo goberno de coalición de chamalas "Festas do Cristo", un nome relixioso que non ten tradición ningunha en Vigo. Non perdo a esperanza de que poidan mudar de orientación o videiro ano.Marcadores: Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Festas, Música, Polémicas, Vigo
No artigo da semana recollo unha síntese do pregón que pronunciei o venres á noite como inicio das festas de Coia 2007.Marcadores: Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Festas, Vigo
No artigo da semana propoño a recuperación da festa da Coca como parte do noso patrimonio inmaterial da humanidade. Un esforzo no que deben implicarse as autoridades do goberno de Redondela e da Consellaría de Cultura.Marcadores: Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Festas
No artigo da semana, ao abeiro do tempo de Samaín e Magostos, abordo a proposta de conseguir para a Castaña de Galicia unha Indicación Xeográfica de Calidade. Outra forma de abordar a recuperación do noso medio rural.Marcadores: Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Festas, Gastronomía
Rafael López Loureiro, autor de Samaín, a festa das caliveiras , e animador da recuperación do Samaín na vila de Cedeira, xa demostrou hai tempo o carácter galego desta festa que, moitas veces asociada ás de Santos e Defuntos, existía por todo o noso país ata hai menos de trinta anos.Marcadores: Efemérides, Festas
No artigo da semana critico o "programa" de concertos das festas de Vigo. Unha tristeza máis provocada pola anemia política da cidade revolcada.Marcadores: Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Festas, Vigo