O fetichismo das brétemas de papel
Souben hoxe de que hai tres semanas saíu publicada a reportaxe sobre os aditos ás libretas. Aínda que reivindico o pracer da caligrafía e o fetichismo de conservar as brétemas de papel numeradas, sei que é outro dos costumes chamados á extinción. Esta é a razón de que apareza como unha tendencia excéntrica?
Marcadores: Blogs
3 Comments:
Eu teño unha chea de libretas gardadas escritas a man desde tempos inmemoriais... Somos moitos... Somos moitos... Saúdos.
É incríbel como podes manter moito tempo un costume co convencemento de que so ti o practicas, para un bo día decatarte de que os que o padecen (o de padecer é broma) son lexión. E ademais semella ser hereditaria. Teño unha tía que aínda garda os debuxos que faciamos meus curmáns e eu en tempos do preescolar. Que xa son gañas de conservar garabatos (se polo menos lle saíse un Van Gogh na familia aínda podía tirarlle proveito ao costume, pero tódolos indicios presentes até o de agora sinalan a que vai ser que non).
Son memorias dun e tenhen ese valor sentimental.
Postar um comentário
<< Home