Dylan na Morgan
Un amigo agasállanos coa noticia da exposición de Dylan na Morgan (a biblioteca novaiorquina onde está depositado o Pergamiño Vindel, esa peza patrimonial que deberamos reclamar que volvese a Galicia). Dúas boas excusas para volver a NY. Quen puidese!
Marcadores: Música
30 Comments:
Como consolo máis asequible que a viaxe -aínda que xa lle chega, menos mal que llo pedín ós Reis Magos a principios deste 2006 ;-D- recoméndo un libro: "Bob Dylan: El Álbum 1956-1966". Editado ó tempo que o magnífico documental "No direction home" que dirixiu Scorsese, recolle facsímiles de manuscritos, fotos inéditas e un disco con entrevistas. Non é unha exposición en Niullól, pero pode valer como sustitutivo para Dylanadictos de escasos recursos (exemplo: eu).
Saúdos e noraboa polos mil posts; entre eles, moitos imprescindibles.
Ademais a exposición permitirá lembrar aqueles gloriosos tempos cando aínda non se durmira nos loureiros da fama e realmente conseguía estremecer. Deses gloriosos tempos leva vivindo os últimos vinte anos, será por iso que dixo que non se fixo nada interesante na música nese periodo.
Os loureiros da fama deben incluir as máis de 20 actuacións que ten programadas para este outono en lugares inhóspitos do medio oeste americano con paradas perto de NY. Non creo que haxa moitos artistas con esta enerxía cuns 64 anos. E, sobre todo, arrancando sempre con Maggie's farm. De todolos xeitos Workingman's blues 2 é Dylan glorioso.
"Dylan is Dylan", dicía Donovan nunha vella canción dos anos sesenta.
Con iso está todo xa dito.
Dylan forever and ever!
Esquézome de Dylan e únome a reclamación do pergameo Vindel, unha das maiores alfaias da nosa cultura.
Outro agasallo dylaniano:
http://bobdylan.minoic.net/2006/08/24/especial-bob-dylan-en-google-video/
Dentro de catro días.
Para o do pergameo vindel: ahttp://www.cervantesvirtual.com/FichaObra.html?portal=177&Ref=10880
Vale a pena acercarse a NY, antes de que veña o manuscrito, para ver a intervención de REnzo Piano.
Mario: nestes últimos vinte anos escoitaches a un tal Paco de Lucía?
Mario: escoita "Time Out of Mind" e "Love and Theft" e atrévete a repetir o que escribiches no teu comentario. Deixaremos de ser amigos para sempre. ;)
Saúdos.
Vale, vale, eu só o dicía polas declaracións que fixo hai pouco de que leva vinte anos sen escoitar un bo disco, que me pareceron un pouco de divo, deus me libre de volver criticar aos xigantes, pero recóñecedeme que até os xigantes teñen os seus momentos baixos, e que o mellor Dylan, por moitas ganas que lle poña, xa pasou. Até deus pode cansar. O Love & Theft é un bo disco, aínda que non conseguiu entusiasmarme. O Time Out Of Mind algo mellor, mais ningún dos dous é para min, equiparábel aos directos que estiveron sacando na Rolling Thunder Revue ou a xoias como o Freewheelin' ou Nashville Skyline. Non anoxarse, hou, que hai Dylan de sobra para que nos guste a tod@s.
PD: E Paco de Lucía non estivo nunca no meu panteón, pero téñoo escoitado, sen prexuizos, e algunhas cousas son marabillosas.
E o manuscrito Vindel ese... será tan importante como para estar no mesmo lugar que a exposición sobre Dylan? Postos a pedir, non sería mellor que trouxeran para Galicia ao pergameo Dylan (nótese a finísima retranca) que ao Vindel? Se a lo menos Codax tivera electrificado as cantigas... Que falta de ignorancia!
Este comentario de Chiquito é moi bo. De Dylan a Codax todo é pergamiño, vaia retranca a do comentarista.
Dylan é Deus!
El pode permitirse, e pódeselle permitir, todo!
Recomendación: o libro de Sam Shepard sobre a xira de Rolling Thunder de Dylan, do 75, escrito no 1977, reeditado, polo que se ve, no 2004, e traducido este mismo ano para Anagrama. Unha crónica vista polo que ía ser o guionista dunha película sobre a xira. Son anotacións dunha belleza literaria pouco común.
En "Modern times", o último disco, canta como nunca. E a época esta dos últimos vinte anos hai que revisala un pouco máis: hai aí discos espléndidos. Por exemplo, "Oh mercy".
A ver. Iso de que Dylan é Deus, ademais de pasado, esaxerado e desagradable, é unha blasfemia que poder resultar especialmente ofensiva para moitos crentes. A parte da muller (ahí estaremos todos de acordo que foi un acerto), que fixo Deus para que o compares con Dylan? O Sol, a Lúa, as estrelas? Dirás que Bringing it all back home non é para tanto, pero para min que separar a terra das augas é máis espectáculo que outra cousa e, desde logo, nin punto de comparación con Subterranean homesick blues. Vale que Deus o fixo só en 6 días, pero así lle saiu. E conste que ninguén lle meteu présa. Ademais leva descansando desde aquela, mentres Dylan pode que estea a tocar neste mesmo intre nalgún furado do Medio Oeste Stuck inside of Mobile with the Memphis blues again, é dicir, outra vez. Así, sen darse importancia. E tí escoitas aos Stones ou aos Creedence e Dylan perdóacho sen problemas, mentres que o outro, miña madriña! Miras de esguello a algún becerro de ouro e axiña se pon todo tolo a queimar cidades e a inundalo todo, dándose uns aires que para que.
Anonymous: a próxima vez un pouco máis de respecto. Tesme que ser máis prudente.
¡Ei! ¡De cabreo nada, síntoo se o pareceu!. En todo caso, paixón polo divo, que si que o é. E o de que é deus, aparte de valer para un comentario como o de Chiquito, váleme para dicir que si, que Dylan é deus e Wilco os seus profetas.
Saúdos para todos, a ver se o señor Brétemas non nos borra por pesados.
Penso que non debería borrarnos: este pós é o máis comentado da súa bló. Ou pode que sí: este post é o máis comentado da súa bló e a súa bló non trata de Dylan!
Alguén se anima a facer un bló exclusivo sobre Dylan en galego? Tal vez tí, Bretemas? Este que xa tes aberto está moi ben.
Grazas por prestarnos o teu espazo.
Este debate a raíz dunha pequena información sobre Dylan (unha das miñas querenzas musicais) é unha marabilla. Amosa as posibilidades que os blos tiñan como instrumentos de coñecemento. Eu nin de lonxe podo participar con criterio no debate, mais gozo con cada un dos comentarios que ides colocando. Que siga, que siga... Madia leva!
Apúntome a ese blog: vexo que a secta é potente.
Hoxe o amigo Bob anda por Sacramento (as 7.30 toca no Arena) por se algún pode pasarse por alí e contarnos.
Non sei se é deus, pero teño que confesar que non daba un peso por el cando fun velo a Santiago hai dous anos. Logo, cando o vín saír entre aqueles tipos de negro ó escenario, brincando con pasiños ridículos, sentar diante do hammnond e facer que Maggie's Farm explotase, comprendín que aquelo sí que era o monte do gozo.
Estou doente, dylanianamente doente. Por favor, que alguén con coñecemento poña a funcionar a blo (antes puxen bló, non sei a razón, pero se Bretemas pon blos, eu poño blo). Agora que se o bo de Bretemas ten a ben deixarnos un anaco do seu espazo eu douno por válido.
Eu tamén estiven en Santiago, e antes en Coruña (Concerto dos Mil Anos), mais nunca dubidei de Dylan. A primeira vez, no 93, chorei coma un cativo: eran moitas as emocións na Epifanía, moitas as lembranzas (i need a shot of love). A segunda (case a mesma banda que vira en Coruña)foi gloriosa, máis plena, máis madura, máis todo: a persoa que máis botara de menos a primeira vez estaba alí o meu lado, e pasouno como Suze Rotolo.
Amigos en Dylan, daos fraternalmente a paz. Agárdovos aquí como un can ao seu amo. Saltarei sobre vós. Quérovos. Amo o universo Dylan. Do you, Mr. Jones?
Eu non o vin no Monte do Gozo, si o vira hai anos no Multiusos do Sar, onde conseguín evitar a escasa calidade acústica do recinto achegándome cada vez máis á primeira fila. A cada paso que daba quitábame un mes, así que cando petei co valado metálico andaba polos quince anos e paseino como nunca nun concerto. Hai que dicir que os "acompañantes" que se trae o home son todos mancos... qué pracer, meu deus (e non falo de Dylan).
Pronto haberá novas con respecto a ese bló. A neurona que hai meses me detectaron nun TAC está traballando nesa proposta "descabellada" (non sei como traducir isto -¿calva, alopécica?).
Con permiso, unha vez máis, do señor Brétemas.
http://dylangz.blogaliza.org/
O correo para facer aportacións, saber o contrasinal e poder meter posts no blo, dylangz@hotmail.com.
Prometo, ós pouquiños, ir metendo algunhas dylanadas que teño por aí. Por exemplo, unha versión/traducción de "Stuck inside of mobile with the Memphis blues again"
Pero dádeme tempo e axuda, que a neurona ten maniotas.
Gracias por soportarnos, señor Brétemas.
Grazas, grazas, R. R. e Brétemas. Tentarei entrar no novo blo e participar nel.
Now the moon is almost hidden
The stars are beginning to hide
The fortunetelling lady
Has even taken all her things inside
All except for Cain and Abel
And the hunchback of Notre Dame
Everybody is making love
Or else expecting rain
And the Good Samaritan, he's dressing
He's getting ready for the show
He's going to the carnival tonight
On Desolation Row
Propoño, pois, para ese blog, ó que non sei acceder, o nome de DESOLATION ROW.
Ola. A dirección do blo é http://dylangz.blogaliza.org/
e xa está (timidamente) en funcionamento. Para máis información, un pouco máis arriba, no último comentario de R. R., creador da páxina. Eu colaboro no que podo e sei.
guau.... Eu adiqueille un par de posts ao tema, pero non tiña nen idea do que se estaba a tramar por aquí. O mundoblog é fecundo como a mellor das terras. Saudemos guitarras en alto o novo blog sobre Dylan. Non teñades medo de ser frikis, nen que fose tan mau...Un saúdo a tod@s.
Brétemas, contrata en Xerais a Chiquito de la Highway 61. Eu nono coñezo, pero se conta todo o que sabe e ama de Bob Dylan como o está a facer no blog, pode ser un libro redondo. Ánimo.
Súmome á proposta anterior. Para mostra, ver o post de hoxe, 8/12/06.
Postar um comentário
<< Home