1000
Estas brétemas acadan co este post o seu número 1000, unha cifra inimaxinable cando hai case dous anos iniciabamos este vieiro de publicación na rede. Os máis de tres mil comentarios que as enriqueceron –contradicindo, polemizando ou rectificando ao autor con absoluta liberdade e grande xenerosidade– e os lectores e lectoras silenciosos que sei as seguen son o mellor aliciente para continuar a súa publicación.
Os temas
Cando comecei apenas albiscaba as posibilidades comunicacionais dos blogs e só tiña claro que a miña voz ía estar centrada arredor do meu traballo profesional como editor en lingua galega. A literatura, os debates arredor da edición, a defensa da cultura do libro (por riba dos seus soportes) e dos seus diversos profesionais foron e seguen sendo os temas máis recorrentes deste espazo virtual. No entanto, sen caer no ton melancólico dunha bitácora intimista (son demasiado pudoroso para facelo), as brétemas foron abrindose a outros eidos máis persoais: dende explicitar a miña devoción futbolística celeste (posición tan politicamente localista como incorrecta nun nacionalista), desvelar o meu interese polos temas gastronómicos e artísticos (especialmente a música) ou expresar a miña clara vontade de opinión política.
Comprendín axiña que outra das utilidades do blog é a súa capacidade de arquivo, razón pola que comecei a enlazar os artigos que publico cada domingo, dende hai oito anos, no Faro de Vigo, sobre actualidade social, política e cultural e carácter local, polo que sen pretendelo, as brétemas asumiron a cidade de Vigo e a problemática do espazo urbano como outro dos seus eixos transversais.
Con todo, e a pesar desta dispersión temática (algunhas veces descontralada), foi e segue sendo a lectura, ou a mobilización ou insubmisión lectora que propoño insistentemente, o centro da preocupación e da poética do blog.
As razóns
A primeira é fundamental razón deste blog é informar para compartir e conversar, o que me obriga a ofrecer información de primeira man da que dispoño (coa prudencia profesional que isto require), ensaiar argumentos e contrastalos cos comentarios dos lectores e, sobre todo, identificar tendencias e explorar novos vieiros. Concibido así, o blog é para min hoxe unha fonte de construción de coñecemento e aprendizaxe compartida esencial.
A textualidade
A esta altura os blogs son a manifestación da xeralización ou democratización da nova textualidade electrónica ou nas palabras de Juan Varela identidades de dominio público. Como usuario levaba preparando centos de textos para publicar na rede dende 1997, mais nunca percibira todas as posibilidades desta textualidade ata que comecei a manexar a interface blog.
Teño insistido en que non me interesa tanto o soporte en si mesmo (non son un fanático da informática nin usuario avanzado dos últimos berridos tecnolóxicos), como a textualidade dixital, que supón unha nova literacidade, esta nova forma de ler e de escribir en base as posibilidades que proporciona a hipertextualidade e a multimodalidade.
Por riba das historias que conten cada un dos blogs, sexan os intimistas ou os especializados, todos empregan esta nova textualidade. Aí reside, para min, o irreversible dun fenómeno efímero (os blogs de hoxe en día desparecerán antes cos libros analóxicos, sendo substituídos por outro soporte que hoxe aínda descoñecemos) que xa está modificando a información e a creación literaria impresa en base a palabras.
Esta nova literacidade está permanentemente sendo revisada por mor de que as novas posibilidades técnicas do soporte son novas posibilidades creativas. Os nosos blogs xa non son como hai un ano debido a que incorporaron novas utilidades, que foron transformando a súa escrita e a súa lectura: a aparición do You Tube ou do chuza provocaron unha revolución silenciosa no blogomillo tan importante como a que supuxo hai un par de ano a utilización do formato PDF para a edición impresa.
Lembrando ao meu querido Paulo Freire, "a lectura é unha práctica social e cultural inserida sempre nunha comunidade e tempos concretos". Nese contexto, creo que podemos entender o apaixonante proceso no que estamos participando.
Prácticas nas que creo
–Enriquecer o texto con enlaces significativos que permitan a intertextualidade e a hipertextualidade.
–Concibir o enlace, cando sexa oportuno, como unha metáfora visual, sonora e visual.
–Metabloguear (ou tecer a rede laboriosamente) é contribuír a conformar as comunidades transversais nas que nos imos adscribindo. A repetición sinala interese na medida que cada autor imprime a súa pegada e enriquece o contido.
–Etiquetar o contido para facilitar as buscas semánticas. O etiquetato permite o arquivo (non esquezamos que na rede, a pesar da súa inmediatez, publicamos sempre para o futuro).
-Sindicar os contidos para facilitar a lectura.
Sobre o nome de Brétemas
Moitas veces téñenme preguntado polas razóns de escoller este alcuño. A primeira e fundamental foi recuperar o nome da miña primeira militancia política universitaria (hai agora trinta anos) e da que non saín moi ben parado; a segunda por homenaxear a un personaxe de No ventre do silencio; e a terceira porque sempre gustei do espazo do neboeiro como incitación para albiscar o perfil do horizonte.

Marcadores: Blogs, Internet, Literacidade, Persoal
21 Comments:
Uff!
Pois parabéns, Brétemas, e grazas por informar para compartir e conversar a través desta túa identidade de dominio público.
Moltíssimes felicitats, Manolo, no només per haver arribat als 1.000 apunts en menys de dos anys, sinó, i sobretot, per haver sabut mantenir ben alt en tot aquest temps l'interés de les aportacions.
Enhorabona!
Mil parabéns, Manolo.
Agora, a polos (dez)mil seguintes...!!!
Almiral Mouchez
Como regalo de aniversario, mira esta dylaniana exposición na Morgan Library de NY: http://www.morganlibrary.org/exhibitions/dylan.asp. Unha boa razón para voltar.
Noraboa por eses mil post e case dous anos en diálogo cos teus lectores/as. Fuches en boa medida o meu introductor no mundo dos blogs e non é esta mala ocasión para agradecercho.
Mil parabéns, Manolo. Es un referente para todos os que andamos pola blogosfera galega. E que sexan varios miles máis...
Hai mil posts os blogs eran basicamente texto con algunha imaxe de cando en cando. Hoxe xa logo nos é máis cómodo colgar un vídeo que unha fotografía. Quen sabe como será isto cando escriba você o post 2000! O que si teño claro é que daquela os lectores seguiremos disfrutando cos teus textos tanto como agora.
Parabens e que veñan outros mil!
Parabéns por tan brillante traxectoria.
Estarei aquí pra ver outros 1000.
saúdos
parabens, enhorabuena, etc.
acbo de aterrizar, vuelvo de canadá, y si ellos conviven con dos idiomas con distista raiz, sin problemas, que bueno mantener la lengua de nuestros padres (o abuelos),y por eso me gusta este bñlog; nadie me quitará la lenguan gallega porque la aprendí en un pueblo de la entañas de Galicia.
parabens, again ;)
Xa ves, en domingo e por aquí, contando ata mil.
Parabéns!
Parabéns polos (primeiros) mil e que poidamos ver todos moitos mais.
Parabéns para ti, e para nos por disfrutar deste blog, non tanto pola cantidade (que é moita) como pola calidade (que é moita máis)
Non está mal para empezar. O meu agradecemento polo teu traballo e os meus máis sentidos parabéns, Brétemas. Conta con nós para outras mil e unha noites, para outras mil primaveras...
Felicítoo como os anteriores posteadores pola calidade do sitio pero tamén pola constancia, por esa vontade de permanecer que o mantivo aquí ao longo de dous anos. Nestes cinco meses que levo por aquí teño aprendido moito neste blog, espero seguir facéndoo no futuro.
Parabéns.
...Los ciclos y el pensamiento esférico. Enhorabuena por la mlenária. Saludos.
Marabilloso post, moi preciso e axustado á transversalidad, concepto que ao meu modo de ver indica cal é a liña na que se debe de establecer a mirada nos tempos que corren.
Coincido bastante con esa definición de bretema que permite albiscar…
Parabienes polo número M.
Os teus mil posts fan realidade aquel berro de ! mil primaveiras máis para a lingua galega!
Moitos parabéns.
Unha aperta
1000 parabéns por estos mil posts... e que ese indicador do beizonómetro que agora marca 68 creza tamén ata 1000 ou máis ;)
Agardamos o post 2000, para vermos como é que será o seu nevoeiro :) Parabéns
Parabéns, ruliño
Postar um comentário
<< Home