Resplandor no abismo
No artigo da semana recollo parte da intervención que lin nos diversos actos de presentación da agora premiada novela de Rivas.
Etiquetas: Artigos, Narrativa, Rivas, Os_libros_arden_mal
Marcadores: Artigos Faro de Vigo, Autores, Campo de Granada, Narrativa, Novidades
4 Comments:
Tanto Rivas, aburre, meus!
xa vostede colocou o video antes, debeu de chamarlle alguén proximo a Ferrín para que se decatase de que se alguén tivo durante toda a súa vida un compromiso coas clases populares, é Ferri, que sufriu cadea en varias o ocasións por esto.
Rivas é un escritor modoso, cun certo acabado cursi. Indudabelmente temos mellores escritores que el, pero claro, non tan mediaticos. E vostedes os que cortan e mandan no mundo da cultura danllo todo a el, xogan todo a esa carta,como si fose a única que oubese. Rivas no congreso do Pen presentando a sáu novela, e todos os demais caladiños , ante tal desmesura promocional. Excecendes vostedes, e xa saben que os excesos paganse. COmportanse como uns novos ricos, acefálicos e fanfarróns coa súa mascota. Non teñen vostedes perdon, e so saben infrarse de festas retóricas.
Podo estar de acordo en que Ferrín sufriu cadea, pero desde logo as palabras de Ferrín no auditorio a favor da URSS (que recordan tantas apoloxías de Rumanía, Albania nos xornais que prodigou el mesmo) soan delictivas. Se Ferrín vivise en Moscova, xa tiña morrido varias veces ou visitado algunha poboación siberiana a miles de kilómetros de Irkutsk.
Rivas será cursi, pero non terá que avergonzarse de dicir o que Ferrín ten dito. E iso que para mín Ferrín é un grande (o máis grande, tal vez) da literatura galega.
Concordo totalmente co Arume dos Pinos. Ferrín, politicamente falando, foi sempre nefasto. As súas querencias polo comunismo estaliniano -e calquera outra cousa semellante- merecen figurar nunha antoloxía do despropósito. Impermeable a calquera argumentación racional, o seu amor polo mito político do comunismo teno levado a dicir as máis grandes barbaridades que neste país se teñen oído. O curioso do asunto é que practicamente ninguén lle ten emendado a plana. A súa condición de grandísimo poeta e contista, ten impedido dicirlle catro cousas claras sobre os seus dislates políticos e ideolóxicos. E a corte de aduladores, que o consideran un mestre en todo, ten feito o resto. Ferrín é un mestre na literatura, si. No demais, é unha acumulación de disparate tras disparate.
Pois Ferrín é nefasto como literato e como político, ao meu ver. E incribel como a mediocridade pode triunfar. Home os seus libros moito teñen de Codigos da Vincies, Catedrais da auga ou Los pilares de la tierra ( estes de maior calidade literaria, por suposto). Ferrin, o grande camelo. E mirade que hai bos escritores na Galiza. Éche así. Aos que lle guste ler pouco lle importan estas paifocadas mediáticas. O señor Brétemas ten que gañarse os garabanzos.
Postar um comentário
<< Home