
A vindeira semana comezarán as
presentacións (onde haberá moitas sorpresas) por diversos bares do país do novo libro de
Camilo Franco,
Palabras contadas. O libro inclúe máis dun cento de microrrelatos, outros trinta argumentos de novela, ademais de cinco relatos algo máis extensos, a xeito de bises. Aproveitando a funcionalidade da literatura breve Camilo aborda, con grandes doses de humor e ironía, non exentas de melancolía, os temas e os xéneros máis característicos da narración: o amor, a morte, a dor ou a alegría.
Palabras contadas deu pé á próxima exposición homónima da Fundación Luís Seoane, organizada dentro do
Proxecto-Edición, que tenta aproveitar dúas posibilidades que quizais non se deron antes na historia da narración. Recomendo a
entrevista co autor que aparece hoxe na Voz.
Marcadores: Autores, Narrativa, Novidades, Xerais
2 Comments:
Pois semella que todo é micromini. Moita intensidade terían que concentrar estes textos. Coñece anteriores entregas súas e foron, literariamente decepcionantes. A ver si coa exposición, abstraccionando todo un pouco mais ten mais exito. Saindo un pouco da dureza delatoria da creación literaria e orientandose cara unha apariencia mais plástica. AO mellor resulta un artista plasctico bo?, por que non?. Xa que de literario ten, a verdade serias adoencias.
Mister
A min o título lémbrame aquilo de Fabas Contadas.
Éche o que hai.
Postar um comentário
<< Home