21.1.07

AVE e PXOM

No artigo da semana propoño unha reflexión sobre as causas e as responsabilidades da crise viguesa arredor da paralización da tramitación do PXOM e do adiamento da variante por Cerdedo do AVE. Ben sería nestes asuntos ir diferenciando o gran da palla.
Etiquetas:

Marcadores: , , ,

6 Comments:

Anonymous Anônimo said...

Non se pode consultar o artigo.
En todo caso, o decano da prensa nacional non se distinguiu precisamente pola súa imparcialidade. Os poderes fácticos olívicos puxeron o listón tan alto, aldraxaron a tanta xente (eu podo decir que o outro día entre amigos non puiden abrir a boca da tensión que había contra o PSOE e contra a consellería de Ordenación do territorio: e eran votantes de tódolos partidos) que a data de hoxe vai ser difícil encarrilar o asunto.
Sobre o AVE chove sobre mollado.

5:59 PM  
Blogger Brétemas said...

Desculpas polo erro. Arranxei o enlace.
Coincido co comentario. Por algunha razón que se escapa desde hai moito tempo en Vigo é moi difícil debater con racionalidade e serenidade sobre o PXOM. É moi intereante ler Vigoblog para facer memoria de todo o proceso.

11:18 PM  
Anonymous Anônimo said...

Non querer ver a manipulación burda e denigrante do psoe nesta cidade´con este asunto e outros, querido Bretemas, é, digámolo relaxadamente, curioso. Se tódalas forzas politicas, sindicais e sociais da nosa cidade foron quen de poñerse de acordo para redactar o plan xeral e logo aprobado por tódolos partidos en primeira instancia, non é suficente para vostede, pois, está no seu dereito. Nesta terra ahi moito rabudo que si moitos estan de acordo en calqueira asunto, eles sempre levaran a contraria. O que pasou logo, foi a chegada do seu salvador Mariño a Alcaldia, logo dunha ben orquestada campaña electoral e dunha pésima campaña de Castrillo.O seu amigo Mariño firmou, firmou co seu puño e letra un acordo no que se explicitaba o apoio a Plan. Logo pasou o que pasou e o psoe puxose o lado dos perxudicados (eu un deles) deste plan e dos que sempre estaran en contra de todo. E vostede dí que todos menos o psoe teñen que rectificar!.A demagoxia é unha cousa bonita de leer.

8:40 PM  
Anonymous Anônimo said...

Véxase www.vigoblog.blogspot.com co infatigable Pablo Eifonso.
Ou sexa que hai manipulación e ao tempo dise que toda a cidade está a favor do plan? Non casa.
Non podo, de tódolos xeitos, estar máis en desacordo coa súa visión sobre o PGOM, querido amigo Anónimo, pero confirma o que eu dicía sobre a fenda que existe na cidade sobre o asunto.

9:08 PM  
Anonymous Anônimo said...

arume, ollei ese blog e, claro, non me estraña que teñan esas opinions leendo semellante lixo. Tamen na "la razon" ou "abc" din cousas moi interesante para informarse, ainda que sobre nosa cidade nada mellor para esta moi pero que moi informado e seguir "la voz de la coruña". Fan moi ben o seu traballo, na sua cidade falan maravillas do "·puerto exterior" e sobre todo da gran cacicada de remodelar todo o porto e por torres de 50 pisos mínimo, pero para Vigo, torres de 20 xa son unha tolemia dos do bloque. E o acolloante é que alguns vigueses coma vostedes fanlle caso.Cousas veredes...

8:32 PM  
Anonymous Anônimo said...

Entendo que vostede é da Coruña. Estou totalmente de acordo con vostede en que A voz de Galicia fala pestes das torres de 20 pisos en Vigo e acepta caladiña o do porto exterior (eso sí cunha campaña contra a cidade da cultura, que por certo xa rematou: vai por refachos) e, segundo as súas verbas, "a cacicada" da recualificación do peirao coruñés. Eu denuncio as dúas cousas e vexo claro que os partidos non son coherentes con esta cuestión: o BNG apoia as torres en Vigo e rexeita as de Coruña; o PSOE rexeita as torres en Vigo e promove as da Coruña. Eche así.
E o vigoblog non é meu: é bibliografía sobre o asunto. Pero se quere máis datos, falamos noutro momento. Non son lector dun só xornal, nin moito menos. E, querido Brétemas, grazas pola súa xenerosidade.

11:16 AM  

Postar um comentário

<< Home