9.1.07

Homoxeneidade e cervexas


É coñecida a miña admiración por Juan Varela, o mestre blogueiro, que sempre está un paso por diante propoñéndonos dirixir a mirada máis alá dos lugares comúns. Hoxe atopei este anaquiño xenial (apenas minuto e medio) da súa intervención no pasado encontro de Sevilla. Segundo Juan "as escumas das cervexas non se mesturan, só se pegan". Vaia pedazo da metáfora sobre a homoxeneidade das comunidades blogueiras! Aínda que tamén poderiamos utilizala para definir o que lles sucede a outros que comparten espazos (atinadísimo hoxe Monxardín) e responsabilidades?

Marcadores: , , ,

4 Comments:

Blogger Suso Lista said...

Nunca o vira de esa forma, pero parece que ten razón, eu preguntome...¿será sempre así, ou haberá algo físico ou químico, que rompa esa blindaxe? A cousa é complicada, mais se o blindaxe non permite avanzar opu ir mais lento.

12:06 AM  
Blogger Zerovacas said...

As reflexións de Juan Varela sempre son moi interesantes. Leva tempo falando do hermetismo (ou endogamia) das comunidades blogueiras galega, catalá, española. Eu xa expresei a miña opinión de que as comunidades pequenas deben atravesar un curto periodo de illamento inicial para crear as súas propias estruturas e dinámicas sen ser arrastradas polas "grandes comunidades" circundantes. Até que, xa maduras, estean en condicións de integrarse, dialogar, mesturarse en pé de igualdade con elas. Creo que é o estadio no que se atopa o blogomillo, con capacidade e necesidade de darse a coñecer e interactuar coas comunidades blogueiras de todo o mundo. Vívese ben nas peceiras, pero os peixes deben vivir no mar.
É moi recomendable o índice blogconversa (vía Xaime) http://www.kedume.net/conversa
/index.php?lang=2, que nos permite coñecer unha exhaustiva lista de blogs de todo o Estado, agrupados pola súa lingua.

En canto ás comunidades de blogs políticos, estamos perdendo a oportunidade de que a rede, os blogs, se convirtan no foro de debate plural e aberto que poderían ser. Normalmente, os dunha banda debatimos moito entre nós, e os da outra discuten entre eles. Pero poucas veces nos xuntamos para falar das cousas que pasan no país. Na socioloxía, denomínase "ignorancia pluralista" a esta situación, na que a forza de falar só entre as persoas da nosa mesma ideoloxía, tendemos a pensar que o outro non achega ideas ou non representa a demasiada xente.

Un saúdo

9:10 AM  
Anonymous Anônimo said...

Que significa misturarse?

12:29 PM  
Anonymous Anônimo said...

Mais outra:e comunidade (blogueira), que significa?
Non resulta,porén,desatinado afirmar cas intuicións e crenzas de sentido común non son universalmente compartidas. Compre reparar cas intuicións de diferentes persoas e mesmo da mesma persoa, entran a miúdo en conflicto.Por non falar do uso de metáforas líquidas sempre tan efectivas e impactantes: mistúranse os tabeiróns coas xardas?. E, por outra banda, non son en absoluto inocentes como ben sabe Varela.Por non falar do apelo ao conceito de responsabilidade. Confúndese o que depende en última instancia de ti con aquilo que se agarda que respostes.

12:56 PM  

Postar um comentário

<< Home