6.1.07

Queda alguén aí?

TVE Galicia emite mañán, domingo día 7, ás 11.30 da mañá pola 2, Queda algúen aí?, un documental sobre a grave e crecente despoboación no rural do interior de Galicia. A través da vida dunha aldea (Pedroso), na que máis da metade dos seus habitantes supera os cincuenta e cinco anos de idade, plásmase un problema que afecta a todo ese rural do interior galego, un extenso territorio que, se non se pon remedio, en poucos anos será un deserto humano. Para os veciños de Pedroso, a obra máis necesaria é un tanatorio, que os ten ilusionados a todos, a case todos... Os que coñecen o documental afirman que é interesante.

Actualización (7.1.07): Efectivamente, o documental pagaba a pena. Como xa fixera en Carrilanos, Rafael Cid, o seu director e guionista, consegue en cincuenta e cinco minutos un relato naturalista dunha comunidade campesiña onde latexan as enormes contradicións do noso tempo (a emigración e a inmigración, a vida subsidiada dos maiores, o abandono das actividades agrícolas tradicionais, a mudanza dos costumes, o envellecemento da poboación, o peche de escolas, a itinerancia dos cregos, o "turismo" dos enterros...). A construción dun formidable tanatorio de dúas plantas (valorado en 114.000 euros e pagado integramente coa tala dos piñeiros comunais) serve de metáfora e fío narrativo da historia dunha aldea que, inevitablemente, semella esmorecer, aínda que tamén emerxe a esperanza que alí outra vida tamén é posible. Mágoa que o documental fose emitido de forma case clandestina (supoño que haberá máis oportunidades de velo). Un exemplo de como é posible que as televisións públicas produzan espazos de calidade. Beizóns para Rafael Cid e a TVE Galicia.

Actualización (8.1.07): La Voz faise eco do documental, ao tempo que aparece a noticia do recurte da programación en galego e para Galicia de TVE. Que fai o Goberno Galego para denunciar semellante desfeita? Acaso non poden impedilo de algunha maneira?
Etiquetas: , ,

Marcadores: ,

9 Comments:

Blogger Zerovacas said...

Interesante. Vereino.
E grazas pola referencia, o link e o saúdo. Unha aperta

12:17 PM  
Anonymous Anônimo said...

Pois polo que vexo non se lle esta pondo remedio, en poucos anos no rural teremos un deserto humano.

3:52 PM  
Anonymous Anônimo said...

Extraído dun artigo de Jose A. Ponte Fer, que a súa vez sacouno de ¨Porca Miseria¨ de J. Berguer¨: ¨Despechar a experiencia campesiña como algo que pertence ó pasado e como algo irrelevante para a vida moderna, imaxinar que os miles de anos de cultura non deixan herdanza para o futuro, simplemente porque esta case non tomou forma de obxectos perdurables, seguir mantendo como se mantivo, que é algo marxinal á civilización; todo iso é negar o valor de demasiada historia e demasiadas vidas. NON SE PODE BORRAR UNHA PARTE DA HISTORIA COMO SE TRAZA UNHA RAIA SOBRE UNHA CONTA SALDADA¨.

5:48 PM  
Anonymous Anônimo said...

No link que deixa o editor ás 11:30 poñen Panorama de la historia: "Historias de los antiguos egipcios".

7:56 PM  
Blogger Brétemas said...

Efectivamente, trapos. É unha mágoa que non estea anunciado por ningures. A esa hora botan para toda España ese documental e desconectan en Galicia para emitir "Queda alguén aí?". Podemos dicir que se trata dunha emisión case clandestina, razón pola que alertamos por este medio.

9:24 PM  
Anonymous Anônimo said...

interésame!

12:06 AM  
Anonymous Anônimo said...

Eu pensaba que queda alguén aí se refería a TVE-Galicia.

8:41 PM  
Blogger Brétemas said...

É certo. O da situación da TVE Galicia é tremendo. A proxección do documental pode ser o derradeiro canto do cisne do Centro Territorial de Galicia. Anuciábase hoxe a redución da desconexión a só media hora diara (ata agora dúas horas). Tremendo! Non sei que fan os nosos poderes públicos para impedri a desmontaxe deste servizo público. tremendo e desalentador, quen o dubida.

9:50 PM  
Anonymous Anônimo said...

Tamén é tremendo o da precarización que está a ocorrer na CRTVG co silencio dos mesmos que crticaban antes e que critican o da Española.

8:40 PM  

Postar um comentário

<< Home