Sempre Kapuscinski

Hoxe, cando sabemos que só nos quedarán os seus textos, traduzo uns poucos anacos maxistrais de Lapidarium e O mundo de hoxe, anticipatorios da textualidade dos blogs:
"A forma da sonata é a estrutura dunha obra musical cuxa esencia consiste nunha transformación libre de temas. Unha das súas variantes: a sonata barroca, que se compón de movementos breves que constrastan un co outro. En literatura, o seu equivalente sería o fragmento, a forma fragmentaria." (Lapidarium IV)
Cando me preguntan qué escribo, sen formular cuestións propias da teoría da literatura, contesto: un texto. E que tipo de texto? Un texto bo. Todo escritor desexa crear un bo texto. (O mundo de hoxe)
En todos e cada un dos meus textos intentei descubrir, captar e reflectir o quid, a esencia do acontecemento, do fenómeno ou da realidade que describo. (O mundo de hoxe)
O detalle sérveme como punto de partida para unha reflexión xeralizadora. (O mundo de hoxe)
En todo o que fago intento falar coa miña propia voz, unha voz persoal, amortecida. Non sei berrar. (O mundo de hoxe)
Etiquetas: Kapuscinski
Marcadores: Autores, In memoriam, Narrativa
3 Comments:
O mellor reporteiro do século XX!!!
Non son un fan de Kapuściński. Os seus libros nunca me aportaron gran cousa. Pero si había neles, e en todo o seu discurso, unhas ideas moi claras, que se empeñou en difundir e que espero que teñan callado nas mentes de moitos xornalistas (sobre todo nos máis novos): a ética do xornalismo, a responsabilidade social dos comunicadores, a función de servizo público como un deber, a obriga de defender aos máis desfavorecidos, de revelar as verdades ocultas.
O xornalismo non é unha profesión calquera. As condicións de traballo son malas, o que leva a unha progresiva proletarización, e a unha perda de autonomía respecto dos propietarios das empresas informativas. Os xornalistas vensensometidos a presións dos actores máis poderosos, con meirande capacidade de influencia. Temas fican esquecidos, unha parte da sociedade acalada... E baixo todo isto está o xornalismo, as raíces, o que nunca debeu desaparecer, que agroma de cando en vez como unha mala conciencia nos pesadelos de SantiagoReys, Polancos e Berlusconis.
Ler a Kapuściński é como volver ás orixes, e lembrar por que decidimos un día estudar xornalismo, e por que seguimos facendo o traballo que facemos, malia que non sexamos nin sequera mileuristas.
Ei, Brétemas, heille de dar un toque...
E non me cita a wikipedia española habendo un bo artigo na galega? ;)
http://gl.wikipedia.org/wiki/Ryszard_Kapuscinski
Postar um comentário
<< Home