Camilo Franco ("Cama-libro")
A "cama-libro" (referida ao microrrelato "39 graos") é un dos mobles de lectura da exposición.
Actualización (26-01-2007): "Literatura en acción", artigo de Antón Reixa en Luzes.
Da infancia recordo o tacto frío da cabeza do termómetro no sobaco. Lembro iso e as instrucións da miña nai cando chegaban as visitas: non leas que tes os ollos febles, tápate que vou airear o cuarto. Incorporarse, chaqueta nova do prixama, estirar a colcha e sorrir, que a adversidade de cada un non dá patentes para a mala educación. Logo chegaban, saudaban, refregábanme o pelo, preguntaban polos estudos, advertían que era sorte estar na cama e nas miñas respostas monosílabas nunca entendían a miña contrariedade por perder a soidade de enfermo ben suado.Actualización: (25-01-2007): Información da exposición aparecida en el El Pais: "A literatura é a creación e o soporte a circunstancia".
Actualización (26-01-2007): "Literatura en acción", artigo de Antón Reixa en Luzes.
Etiquetas: Camilo_Franco
Marcadores: Artes Visuais, Autores, Exposicións, Lectura, Vídeos, Xerais
8 Comments:
Señor Bretemas, xa nos enteramos, creo da exposición de Camilo Franco. Con tanta insistencia vai quedar vostede mal como non sexa algo excepcional!
espero vela, e a graza que faime o seu apelido (como o de Xesús Fraga); dá gusto, con eses apelidos e o majetes que son , ademais de como escriben
Un texto precioso, perfecto. Antes os nenos enfermos eramos así. Pode un sentir morriña de estar enfermo? Ou é simplemente morriña de ser un neno?
Grazas, Brétemas.
Sabendo como é Camilo xa me entrara a dúbida de senón sería todo unha carallada. Despois de ver os vídeos que colgaches, Manolo, xa non teño dúbida ningunha.
Os amigos da miña editora son os meus amigos.
Agora en serio,Camilo ten algo especial asi que non me extrana que acredites nas súas verbas,que levan a tinta no cuspe da vida
Viva o franquismo!
:-)
Non teño nada contra Camilo Franco. Pero vendo os vídeos todo parece indicar que tentou un happening que resultou bastante cutre.
Roi, ti si que entendes. Han de ser os xenes.
Postar um comentário
<< Home