Golfiño
Dos proxectos que teño promovido na miña vida profesional en poucos tiven máis fe ca en Golfiño, unha revista mensual de banda deseñada, dirixida a nenos e nenas de 8 a 12 anos, que creamos da man de Fausto Isorna e Miguel Vázquez Freire. Sempre crin que co comenzo deste século era o momento de reeditar o esforzo que supuxo Vagalume ou o papel que en Cataluña viña desempeñando Cavall fort (despois de corenta e seis anos segue editándose) como medios dirixidos ao público máis novo. Equivoqueime. Comercialmente para nós a experienciade Golfiño foi un fracaso estrepitoso, non conseguimos apenas axudas (a pesar de que petamos en moitas portas) e, despois de catorce números de termar por ela, acabamos pechándoa e cedéndolla gratuitamente á La Voz de Galicia que a convertiu en semanal e exclusivamente en publicación de historieta, durante dúas tempadas. Porén, teño o convencemento de que Golfiño triunfou doutra maneira, xa que foi fundamental para que agromase unha boa parte da xeración de debuxantes de BD, que existe hoxe no país.Etiquetas: Golfiño
Marcadores: Exposicións, Ilustración, Literatura infantil e xuvenil, Xerais



4 Comments:
Dende a miña perspectiva non lle chamaría fracaso, ser pioneiros nunca é doado.
Teño un feixe deles. Colecionábaos.
ANOS PASADOS,(TERIA COMO 8 OU 9 ANOS,AGORA TEÑO 12), MEU PAI IVA COMPRALO PERIODICO OS DOMINGOS,EU AGARDABA NA CASA.CANDO EL VIÑA , COLLIALLE O GOLFIÑO E PUÑAME A LELO CON MEU IRMAN.TEÑO BASTANTES.O APARTADO QUE MAIS ME GUSTABA ERA O DE "FIZ" ,UN RAPAZ MOI PORCO.
Eu sempre lamentei tamén a morte de "Vagalume" primeiro e de "Golfiño" despois. É evidente que era un dos grandes medios de normalización posible do idioma entre os máis novos: todo o que se faga nesa liña é máis necesario que nunca.
Postar um comentário
<< Home