Novo libro do Profesor

"Fálase neste libro de intelectuais galegos que reflexionaron en Galicia desde o marxismo, algúns deles investigados por primeira vez, e fálase de homes e mulleres que, antes e despois da Guerra Civil, protagonizaron accións –heroicas algunhas– contra as malfeituras da sociedade desde postulados e inquedanzas comunistas. Tamén nestes capítulos hai achegas novas. Nunhas e noutras páxinas, como é habitual na pedagoxía literaria do profesor Alonso Montero, adúcense e ofrécense textos reveladores case descoñecidos, ademais dun documento inédito extraordinariamente significativo, a “acta” orixinal da Iª Asemblea de intelectuais do PCG (marzo de 1977)."O vindeiro sábado, ás 12:00 horas, celebrarase unha segunda presentación na Galería Sargadelos de Ferrol, na que participarán Yolanda Díaz e o histórico dirixente de CC.OO. Manuel Amor Deus.
Etiquetas: Xesús_Alonso_Montero
Marcadores: Autores, Novidades, Presentacións, Xerais
3 Comments:
Yolanda Díaz, coido.
Saúde
O Xesús ten o mesmo de marxista e comunista que tes ti de xaponés, Manolo. Ao mellor é que se interesa polos que son diferentes a el...
ben que sinto non poder asistir a presentación. Dende Barcelona, parabéns ao profesor polo traballo, moi necesario para recoñecer o traballo de tanta xente polos dereitos do proletariado galego
Postar um comentário
<< Home