Torpeza
El Pais de Galicia relata moi oportunamente a historia dunha torpeza que nos ten perplexos e profundamente preocupados desque a coñecimos. Non deixa de ser chocante que un asunto desta evidente gravidade (sinto coincidir co PP, mágoa!) pasase case desapercibido para o resto dos medios galegos. A columna de Suso de Toro, tamén de hoxe e no mesmo medio, así como a reportaxe de Tempos deste mes de febreiro sobre "o bipartito e a rexeneración democrática", alertan sobre unha cuestión que sei preocupa cada vez a máis xente: a necesidade de que todos os membros do goberno bipartito (sen excepción) utilicen unha cultura política e unhas formas que non recorden nin de lonxe ás vellas prácticas do fraguismo. Comportamentos como os relatados na información de El Pais de Galicia constitúen unha torpeza inadmisible nun goberno que asumiu un compromiso coa cidadanía de traballar a prol da rexeneración democrática e da transparencia e participación cidadá como eixos da súa actuación. Un goberno no que tantos confiabamos e, a pesar destes esvaróns (que deberían ser explicados polos seus protagonistas), debemos seguir confiando. No caso da polémica dos rótulos, e como lembra Lluis Llach: "No es aixó, companys, no es aixó".
Etiquetas: Galicia
Marcadores: Política
15 Comments:
non sei se te lembraras estimado bretemas que hai mais dun ano falabamos maravillas do amigo de MICHAVILA nunha polemica sobre deste personaxe-LOSADA- e outras xoias,que son altos cargos en Vicepresidencia,por exemplo CHUS LAGO VILABOA.Todo en VIGOBLOG.
Parece que é pero que unha torpeza, é unha indecencia. E o silenzamento da prensa galega sobre este feito fai lembrar outros tempos. Quintana perdeu xa unha oportunidade de ouro para demostrar que temos outro xeito de gobernar, destitíundo inmediatemante a quen pretende facer semellante abuso cos seus empregados. Impresentables, Losada por facelo e Quintana por permitilo.
Este tipo de cousas xa levaban pasando moitos meses, só que desta o personaxe meteu a zoca de vez.
En San Caetano son "vox populi" as formas (e os feitos) deste señor. A partir de agora supoño que irán saíndo unha por unha, pero xa foi caíndo moita xente válida polo camiño, pisoteada por A.L.
E nos medios é aínda máis sonada a súa particular forma de exercer o poder. Sábeno editores, cargos intermedios e xornalistas de a pé, que sufren as súas chamadas furibundas e ameazantes.
Coincido na apreciacións anteditas e aínda mais co artigo de Suso de Toro onte en El Pais. É certo, non obstante, que eses comportamentos non me collen de sorpresa e fan bo ese comentario reaccionario que a moitos nos doe tanto: "son todos iguais". É mágoa, pero eu hai moito que non teño a quen votar.
Ferrolán,
podes votar a San Pedro (santo inmaculado) que coa abstención xa sabemos a quen se apoia (alguns non dubidan tanto nin teñen tantas crises de concenza...votan ainda que caian chuzos de punta e sempre os mesmos)
Parece notorio que Antón Losada meteu a pata ata a cintura; tamén, por outra banda, que a súa iracundia empeza a resultar preocupante mesmo para aqueles que estimamos considerablemente o seu papel tanto na gobernación galega coma no BNG.
Ora ben, a min hai algo aquí que me chama bastante a atención. Xulgando polo relato dos acontecementos que fai "El País", ¿como é que os policías de servizo lle fan tan pouco caso a un Secretario Xeral?
A anterior dúbida pode ter que ver con cousas perfectamente razoables que eu descoñezo. Así é todo, coido que el tamén leva a súa razón:
http://dpaso.blogspot.com/2007/02/caso-aberto.html
Aclaro que, na mensaxe anterior, cando digo "el tamén leva a súa razón" refírome a Ian, o blogueiro citado a continuación.
Pois amiguiños analizade un pouco a noticia de elpais. 1ª páxina na edición regional, a toda páxina e sen darlle unha réplica o condenado, unha escrito basado no informe duns policias baixo as ordenes de Romeu.
Si eso non é un linchamiento, decirme que o é. Se un incidente no que unha das partes o nega según teño leido no resto da prensa, merece esa difusión e importancia, so teño que decir, Animo Losada, estas no bo camiño. Cando os de Vigoblog te poñen a parir, ánimo. Moitos nos comenzaremos a preocupar se pasara o contrario e o que deixame flipado é como o noso querido blogger faga todas esas consideracións basado en semellante fonte. Pero, xa se sabe, se alguen quere ter algun futuro nesta nación, o único camiño é atacar de calqueira xeito, todo vale, de soslaio, de frente, como ex-algo, lanzando rumores como todos os comentarios aqui espostos, a calqueira que pertenezca o Bng.
Agora que claro, o sr. bretemas ten unha opinión moi elevada dos comisarios de policia e claro, sobre os seus escritos, establece as suas opinións, polo que deduzco que estará dacordo con que o 11M foi obra de Zapatero porque foi, non un comisario de policia, se non un dos maiores investigadores da policia quen lanzou as sospeitas. Logo parece ser que non lle deron o posto que queria, según elpais e a Ser. Xa sabe, adiante con ese camiño que lle ira ben, non o dubide. Un saudo.
Non vexo que nin a anotación nin os comentarios teñan intención ningunha de atacar ao BNG, Moi ao contrario, sigo crendo que este novo goberno, do que forma parte co-responsable o BNG, ten que desenvolver unha cultura política onde incidentes coma este queden perfectamente aclarados diante da cidadanía. As persoas que os protagonizaron teñen o lexítimo dereito a dar as súas explicacións, iso ninguén o dubida (un feito que se reclama na miña anotación) polos medios que considere máis oportuno. O que lamento é que se producira semellante conflito, cando hai tantas agras por labrar.
Ó personaxe xa o coñecemos. Ó personaxe que, farto de ver decote "Vicepresidencia" ordeou iracundo ó seu conselleiro de Presidencia que procedera a poñer as cousas no seu sitio, non nolo dan a coñecer. A rexeneración democrática aquí é unidireccional e dun só uso.
Coñezo afiliad@s do bng que traballan en Vicepresidencia en Compostela que dende o primeiro día dfiniron a Losada como NAZI e MACHISTA e así se recolleu en publicacións sindicais e incluso escritos de traballador@es que lle chegaron a Quintana no seu día.En canto a VIGOBLOG dicirche que é unha pena que haxa polo menos dous BNG os de Vigo e os de fora de Vigo-en Finca do Conde e no PXOM tamén-.Ah e non esquecersse que se pode ser nazi,machista e nacionalista e tamén nazi,machista e españolista ó mellor o amigo de MICHAVILA (debe selo pois estivo na súa boda na catedral) ë as dúas cousas pero entón o seu salario que llo pague o BNG e non o presuposto público.
O caso é, sen dúbida, lamentable e, sen dúbida, Losada debería ter algunha conta do seu, digamos, temperamento. Ora ben, a orixe remota do incidente e certos aspectos do seu desenvolvemento danlles para pensar máis complexo a diversas persoas. Polo menos, a Ian e a min, de forma explícita.
Noutra orde de cousas: os dixomedíxomes sobre Antón Losada cánsanme, por numerosos, intencionais e de diversíiisima procedencia. Desculpe a remitente, o "coñezo a...", en casos coma este, poderá incidir en presunta gravidade por vía referencial, pero non é substantivo de seu. Indiquemos ademais que, por exemplo, non vexo óbice en ser un -presuntamente- amigo de Michavila, mesmo en irlle á voda aínda que sexa na Catedral e desempeñar lexitimamente un papel útil na gobernación do país. Digo eu, e en todo caso úsense os argumentos con maior rigor expositivo.
Por min, coma Quintana (posiblemente, penso, tamén co Brétemas): liquidado o incidente e esperemos rectificación. Pero sigan, se queren.
o meu segundo comentario só era para respostarlle ó comentario nº 8 e dou por rematada a discusión.Losada non merece unha palabra máis. As politicas que desenvolve Losada nos servicios sociais sí pero ese é outro debate e este non é o sitio.
amiguiños dixit: Sr. Bretemas, esta no seu dereito e no deber, engado eu, de criticar, atacar e repudiar o BNG. Eu nin fun, nin sou nin probablemente serei nunca desa cousa rara chamada bng, (digo probablemente polo de "de esta auga non beberei").Repúgname as formas groseiras de manipulación informativas, como é o caso. Concordo co luges e decirlle a ana pintens que si quere buscar enemigos acérrimos do bng, ningun sitio mellor que a CIG. Os vigueses sabemos algo de eso (goberno de Castrillo). O persoaxe so o coñezo das suas declaración nalgunha entrevista na tv e parecérenme as suas declaracións ben argumentadas, sólidas e escrupulosa e plenamente democráticas, cousa que sempre voto en falta nos que falan dende o BNG. Agora que, e perdón pola insistencia sr. bretemas e disculpe, ¿as suas opinions básanse nos datos aportados nun informe feito por un policias e comisarios baixo as ordes do sr. Romeu,intimo amigo e colaborador do bng e ampliados e magnificados por un medio como elpais, organo oficial e máximo impulsor do bng?. Un respetuoso saudo.
Home, iso de poñer en dúbida a veracidade das informacións sobre os incidentes en Vicepresidencia porque os naren policías seica "ao servizo de Méndez Romeu"... soa a teoría da conspiración. E creo eu que a cousa nin dá para tanto nin Méndez Romeu, descontada a súa intelixencia, profese tan alto grado de maquiavelismo. Losada é, en efecto, un home intelixente e unha das mellores (incluso pode que a única) boas cabezas do BNG. Pero ten o carácter e os modais dun cavernícola. Eu creo que a cousa non ten moitos máis segredos, a pesar de que Ian, Lugués e tutti quanti queran buscarlle os tres pés ao gato.
Postar um comentário
<< Home