En Brétemas hai un ano , hai dous anos... (VII)
- Hai un ano publicabamos a primeira anotación no blog sobre Home sen nome, a última novela de Suso de Toro que, despois de dez meses nas librarías, continúa sendo moi ben acollida entre os lectores. Precisamente, o domingo pasado foi a obra arredor da que xirou o Clube de Lectura do programa de Angels Barceló. Non erramos na nosa anotación cando cualificabamos o libro de Suso como "memorable".
- Hai dous anos reseñabamos a noite dos Premios Irmandade do Libro 2005, organizada pola Federación de Libreiros de Galicia, agradecendo o recoñecemento como mellor libro de 2004 para a Historia da Educación e a Cultura en Galicia de Antón Costa Rico. Esta voluminosa obra de mil duascentas páxinas, dende aquela, foi outra das que nos deu máis alegrías.
Marcadores: Hai...
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home