22.4.07

Fracaso e perspectivas do PXOM

No artigo da semana volvo, ás portas das municipais, á reflexionar sobre o PXOM de Vigo. Preocúpame moito que despois do 26-M se volvan repetir argumentos e posicións que levaron hai tres anos á ruptura do goberno progresista. Entendo indispensable que cadaquén amose as súas cartas sobre a cuestión ao electorado, un principio de transparencia e rexeneración indispensable.
Etiquetas: PXOM_Vigo

Marcadores: , ,

7 Comments:

Anonymous Anônimo said...

Non se pode dicir mellor. Só lle faltou engadir que o argumento dos defensores do PXOM de que un plan xeral para Vigo é fundamental é unha das perogrulladas máis elevadas á categoría de pensamento profundo que escotei en tempo. Noraboa. Agardemos que atendan as nosas inquedanzas.

11:45 AM  
Anonymous Anônimo said...

Moi ben tirada toda a argumentación. E agora qué? Valeu a pena tirar un goberno? E xenerar tanta frustración. Agora xa non hai présa por parte do BNg pra que o documento saía? Con que cara vindes agora a pedírno-lo voto? Pra face-lo mesmo ca outra vez?
Sí, sí pobre Santi, non fai falta que vaias en globo. Xa estás en globo!
Pra que te imos votar que farás agora co noso voto?

1:10 PM  
Anonymous Anônimo said...

Lois: Ten razón o sr. Arume, Non se pode decir mellor. Pídalle vostede o PSOE e amigos coma vostede que se aclaren e que nos digan os que vivimos no rural se poderemos ou non facer algún día a nosa vivenda coas herdanzas dos nosos pais traballadores, abos campesiños, que é o que somos a maioria dos que os que os nosos tatatarabos son vigueses.
Agora que quedou claro que o das torres era un camelo e que o PSOE non variou nin un so plano de actuación neses sentido e sobre todo, que o seu plan de EL PUERTO DE VIGO do seu candidato mete mais e mais alturas e demais edificios na frente marítima (¿onde estan os seus amigos manifestándose semanalmente e criticando esa perogullada ben pagada en publicidade?).
Claro que para o sr. Brétemas eses señores non teñen intereses económicos, non, son uns anxiños que pasaban por ahi.
Os intereses económicos os teñen a UXT,CCOO,CIG, as asociacions de veciños e demais axentes sociales, claro, todos uns corruptos.
Os de "outro vigo" eses que coño facian cando o plan se expuso por tódalas parroquias, cando daquela si o apoiaba ese partido impoluto que puxo a eses señores que firmaron, repito, firmaron un documento público de pacto de goberno onde se indicaba claramente a aprobación do PXOM.
Pero xa sabemos cal é o enemigo para vostedes e fagan o favor, non voten o BNG, eu tampouco vou votalo pero non por esas razóns se non porque non podo votar a un partido que en Vigo ten a un dirixente que apoia públicamente o unha organización terrorista chamada Estado Israel.

4:01 PM  
Anonymous Anônimo said...

1. O das torres non é camelo.
2. A propaganda do candidato do PSOE é de xulgado.
3. A mín tamén me gustaría saber cáles eran os intereses económicos dos sindicatos e das asociacións de veciños. Como supoño que non os hai, fáiseme moi raro que apoien semellante plan, a non ser polos postos de traballo ou por quitar tallada os veciños das plusvalías dos pisos.
4. Asinar a aprobación dun PXOM non significa asinar un PXOM calquera.
5. O nemigo non é o BNG, malia súa crenza. Pero poderianos explicar por que non están na nova candidatura ningún dos que estiveron antes, sen esquecer que Castrillo voou e Toba non se sabe non contesta. Polo PSOE, o mesmo, pero ao revés: sen Mauricio Ruiz, vade retro, Abel.
6. A persoa que apoia Israel é militante, non dirixente.

5:11 PM  
Anonymous Anônimo said...

"Asinar a aprobación dun PXOM non significa asinar un PXOM calquera"

eso, jamás olvidaré la tristeza de que mi voto fuese a dar al PP, y encima, por la zona que vivo, ver como destrozan, poco a poco un valle de Vigo, el de Sárdoma.
como tuve que recurrir, me sé el plan más o menos,y sin ser entendida, que cosas ví en los planos! y espero lo mismo que tú tras las elecciones.

9:49 AM  
Anonymous Anônimo said...

Lois: Sr. Arume, sobre o 1º nin La voz de su amo, nin o Faro, falaron, que eu leera, nada sobre as famosas torres nas alegacións (paripé) de Política Territorial contra o Plan, ¡Non se anulou ningunha!Polo tanto permítame reafirmarme no do "camelo" dos venturillas que quedan.
2. Non concordo con vostede, son un partido e poden facer e decir o que consideren, faltaria mais.
3. Con respecto os intereses económicos, aqui todos os teñen, por activa ou por pasiva, e, permítame que lle diga que todos son lexítimos para min. Eu concretando son un afectado negativamente por este plan, e ademais, gravemente, pero, tonterías da vida, estou dacordo coa su filosofia e en xeral no seu desenrrolo.
4.5 é a sua opinión na que asejun podo estar ou non de acordo.
6. lea o post do sr. Bretemas do día 30.03.07 e verá que é un dirixente da executiva. Por certo nel di o blogger que amablemente deixanos parolar na sua páxina, que está decepcionado co Bng polo contrario ca min. Eu o considero gravísimo polo contrario e, tristemente, si que estou decepcionado e apenado coa posición do Sr. Bretemas. Non dou entendido os seus argumentos, o principal do que lle teño leido e que unha cuestión de libertade individual do susodicho. Para min apoiar públicamente a un estado asesino e terrorista como tódolos días nolo demostran, non é unha cuestión de libertade de pensamento, é como decir que negar o Holocausto é cuestión de ideoloxias. Pero en fin, a cada quen coas suas teimas.

E con respecto a Sra. de Sárdoma, o sinto si como eu é unha afectada directa e, por su posto, loite por defender os seus intereses. Agora que chamarlle val a Sárdoma, dando connotacións bucólicas, o meu entender, da desfeita que a dia de hoxe é ese barrio coma tamen o é o meu......
Un saudo e perdonen a longa contestación.

9:46 PM  
Anonymous Anônimo said...

Sádoma é unha parroquia rural pura como unha illa, rodeada de naves e rota en duas por unha pequena estrada. Agora que toca,esfolala de vez, meterlle esas torres tan guays como as do bario do cura, as de García Barbónou as da Finca do Conde. Decátome de que as leitugas e as galiñas teñen pouco futuro en Sárdoma, pero diso a enchela de torres...

11:53 AM  

Postar um comentário

<< Home