"Cartas de inverno", 20 edicións

Esta viséxima edición de Cartas de inverno presentámola con nova portada (co lixeiro redeseño que fixemos á colección Fóra de Xogo chegado ao número 100), cun epílogo (no que autor reflexiona sobre a obra e a súa recepción) e cunha completa revisión do texto realizada con grande mimo polo propio Agustín. Para aqueles que non a leron, esta novela de terror lovercraftiano continúa sendo absolutamente recomendable, tanto para lectores e lectoras novos como para persoas adultas.
Agustín entregou estes días o orixinal do seu novo libro, O único que queda é o amor, unha colección de relatos, que serán ilustrados por Pablo Auladell, e agardamos ter publicados (abrindo, xunto con Xabier P. Docampo, nova colección) a comezos do vindeiro outono. Agustín, ás portas da súa xubilación como profesor a remates deste curso, acada a súa plenitude como gran narrador contemporáneo das nosas letras e como unha das grandes figuras da literatura xuvenil universal.
Etiquetas: Agustín_Fernández_Paz
Marcadores: Autores, Literatura infantil e xuvenil, Narrativa, Novidades, Xerais
5 Comments:
Debo dicir que lin moitos libros de Agustín (Fernández Paz).
E teño o placer de ser alumna súa; debo engadir tamén que as súas clases son as que máis desexo que cheguen pola seman. Son do máis interesante.
Quizáis nunca chegarei a confesarlle que non lin "Cartas de inverno", todos os meus compañeiros non mo recomendaron.
Agora vouno facer.
Seguramente sexa o mellor narrador galego da actualidade. E insisto na palabra, "narrador".
Pois é un gusto esta nova e vai ser un pracer ler o libro que ata o de agora pasoume coma roba spierre. Parabéns a Agustín Fernández Paz.
Este comentário foi removido pelo autor.
Moltissimes felicitats, Agustin, per aquest exit immens. L'original gallec es un exit aclaparador, pero, com be remarca Manolo, l'edicio de Bromera no queda molt lluny. Les bones obres tenen aixo: son universals. Per molts anys!!!
Postar um comentário
<< Home