8.4.07

Máis blogs sobre edición

Vía Leroy actualizo o meu listado de blogs sobre edición: Editado (un veterano espazo para seguir o mundo editorial arxentino), Introducción al mundo de la edición (unha ferramenta de traballo do módulo de "Introdución ao mundo editorial" do posgrao da UOC de edición dixital), Planos de puentes y túneles (sobre edición e novas tecnoloxías, recomendo as súas anotacións sobre webnovelas, videolectures e teacher tube), La estrella que fa l' ullet, Los futuros del libro (o completísimo blog de Joaquín Rodríguez). Todos proporcionan información ben interesante. Afortunadamente vaise conformando unha rede de blogs de calidade sobre o mundo do libro e da lectura. Seguirémolos.
Etiquetas:

Marcadores: ,