Certame de micronovela
Esta tarde presentamos as bases dun novo premio literario, o I CERTAME DE MICRONOVELA "CONCELLO DE SOUTOMAIOR". Que eu saiba este é o primeiro certame especificamente dirixido un xénero narrativo que proporcionou froitos moi logrados para a literatura galega. As obras terán unha extensión mínima de 35 folios e máxima de 60, escritos a dobre espazo, en fonte Arial e corpo 12. O prazo de presentación rematará o 30 de novembro e a dotación económica é de 2.000 € para o primeiro premio e de 1.000 € para o segundo. Enviar orixinais a: Casa do Concello de Soutomaior. Rúa Alexandre Bóveda nº 8. CP 36691. As obras gañadoras serán publicadas dentro do catálogo de Xerais.
Etiquetas: Certame_Micronovela_Soutomaior
5 Comments:
Perdón por esta pregunta:
por que sempre piden nas bases dos concursos textos a doble espacio coa cantidade de papel que eso conleva e ademáis co pouco elegante que queda?
O do dobre espazo creo que se entende cando vas polo libro número 40. Agradécese.
Polo demais eu protesto contra a creación artificial de novos xéneros. Que é iso de micronovela? Retorno a T.A. é unha novela enorme, e con todas as letras!!!
(Por certo, Carlos Casares ás súas seica lles chamaba "novelos") ;)
Pensareino... desde logo que o vou pensar. Dame igual doble espacio, ¿non se poden mandar via correo electrónico?.
A min gustame o interlineado de 1,5. Pero supoño que o dobre espazo debe resultar últil para anotacións e correccións.
micronovela? entre 30 e 60 páxinas?
paréceme a min que se está a devaluar o prefixo micro (un divisor moito máis grande do que aquí se pretende)...
con novela curta chegaría.
un microrrelato é un relato de 140 caracteres tal e como fixeron no blog dos pelachos e compañía.
unha micronovela sería un relato...
non sei, estou que me perdo entre tanta denominación.
Postar um comentário
<< Home