12.6.07

"Cardume", adianto do primeiro capítulo

Hoxe subimos o adianto en PDF do primeiro capítulo de Cardume, a novela de Rexina Vega gañadora do Premio Xerais 2007. Boa lectura!

Marcadores: , , , ,

1 Comments:

Blogger Pablo Eifonso said...

Gustei moito dese primeiro capítulo. Autenticidade e sinceridade na escrita, sen concesións ningunhas á retórica e moita sensibilidade... cousas que boto de menos en xeral na nosa literatura "autóctona" recente.
Fíxome sentir de novo ese saudoso cemiterio civil de Pereiró, onde tocan terra as poucas conviccións profundas que nos van quedando e ás que, de cando en vez, lembrámonos de darlles algo de Netol.

Consérvase tamén un cemiterio civil en Cabral, un recinto de altísimas paredes de mampostería de moi boa feitura cun gran alcipreste gardando vellos cránios e memorias. Seica hai poucos anos, penso que a Comunidade de Montes ou unha asociación de Cabral, fixeron algúns movementos por botalo abaixo para "ampliar" un parqueciño que alí fixeran. Espero que nono conseguiran xa... hai bastante tempo que non dou un paseo por alí.

Bueno, pois iso, ¡noraboa a Rexina!

11:47 AM  

Postar um comentário

<< Home