
Coincidindo coa entrega da
Medalla Castelao, os responsables do xornal
A Nosa Terra expresan a súa decidida aposta polo
xornalismo dixital. Ao tempo,
El Pais Galicia anuncia que o construtor
Jacinto Rey tomará a maioría das accións e Miguel Barros será o novo presidente do consello. Ademais destes cambios empresariais e do aumento do cadro de persoal, o director, Alfonso Eiré, aposta por converter á editora nunha xestora integrada de contidos (tanto no eido do xornalismo, da edición como do audiovisual). Importantísimas mudanzas (que semellan moi acertadas) para unha das nosas máis importantes empresas culturais. Desexamos os maiores éxitos nesta ilusionante etapa que abre o equipo de profesionais que dirixe o benquerido Alfonso.
Marcadores: Editores, Medios
2 Comments:
polo que se ve os nen os nosos netos leeran un diario en galego que non sexa unha traducción de el correo.un sono menos....
Polo menos espero que siga sendo dirixido por Alfonso Eiré, pero parece rara esta intervención de personaxes ligadas ao PP/PSOE no único xornal galeguista que nos quedaba.
Postar um comentário
<< Home