
Despois da súa aparición hai vinte anos, reeditamos
Bretaña, Esmeraldina, unha novela de máis de catro centas páxinas que supuxo un dos maiores esforzos creativos de
Ferrín. Esta nova edición foi preparada por
Anxo Angueira (hoxe o maior
estudoso desta obra) quen se ocupou tamén da introdución e das
notas ao pé. Debedora de Jack London, de Torrente Ballester ou Cunqueiro esta novela carceraria con Tagen Ata e Breteña ao fondo ten como un dos temas centrais a procura da identidade. Unha boa oportunidade para visitar esta potente espiral narrativa (ignorada, ata agora polo público e deostada por parte da crítica) que flexiona sobre o conxunto da obra do mestre Ferrín.
Marcadores: Autores, Narrativa, Novidades, Xerais
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home