TVE estreará dous novos programas sobre libros
Quen dixo que os libros non son para a televisión? Hoxe soubemos que TVE estreará en setembro dous novos programas sobre libros que serán emitidos en horario estelar. "Marcapáginas", un espazo de ficción, e "Página 2", unha revista literaria son as dúas apostas da canle pública que pretende con eles dobrar o tempo dedicado aos libros. Libro aberto, o programa da TVG con tan bos índices de audiencia e aceptación na súa primeira tempada, tomará exemplo e mudará na súa reentrada outonal o seu horario de emisión abandonando a madrugada?
Marcadores: Promoción do libro, Televisión
1 Comments:
En principio é unha boa nova a inclusión de programas culturais na tv pública.
Esperemos que non rematen as poucas semanas como outros programas (por exemplo o programa musical ipop)ou como ven dis non mareen con cambios de horario, no caso de Libro aberto.
Postar um comentário
<< Home