21.10.07

Fútbol e literatura

No artigo da semana reflexiono sobre as relacións entre fútbol e literatura. Dedico o texto a Borja Oubiña, con todos os azos para a súa recuperación. A mantenta quixen deixar fóra a dimensión tráxica, que poden compartir fútbol e literatura, preferindo rematar con estas palabras da escritora camerunesa Calixthe Beyala: "O balón é redondo coma o planeta, coma ventre da nai, coma o sol. Cando un futbolista xuta ao aire semella que o balón vai tocar as estrelas. Na literatura tamén hai un desexo de tocar o ceo, de ir máis alá dos límites da vida cotián". Quizais nese horizonte é, tamén, onde se atopan o fútbol e a literatura.
Etiquetas:

Marcadores: , , , ,