
Recibimos con gran alegría a
noticia de que o
Plan de Lectura foi presentado pola conselleira de Cultura no Parlamento e aprobado por unanimidade pola Comisión de Educación e Cultura. O plan debe ser un instrumento eficaz para situar a Lectura como
obxectivo político transversal da nosa política cultural, tanto por parte das Administracións Públicas (Xunta, Deputacións e Concellos) como da sociedade civil (empresas e asociacións). A creación dunha Oficina da Lectura (recuperando o vello nome das Oficinas de imprenta) como organismo coordinador do desenvolvemento do Plan é unha das numerosas medidas dunha iniciativa a catro anos que conta cunha financiación importante.
Marcadores: Lectura
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home