9.10.07

Novidades de Xerais para outono

Comezan a chegar as novidades do noso outono literario. Xa temos no almacén A lúa dos Everglades de Xesús Manuel Marcos (o Premio Terra de Melide 2007) e hoxe entra Cardume de Rexina Vega (o Premio Xerais 2007), as dúas novelas con portadas do fotógrafo Fran Herbello. Esta semana tamén entrarán Illa Soidade de An Alfaya (premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil) e O ceo dos afogados de Francisco Castro (finalista do mesmo premio). Imprimíndose están Minimaladas de Carlos López (Premio Merlín de literatura infantil 2007), O único que queda é o amor de Agustín Fernández Paz, A noite do Risón de Gonzalo Moure (as dúas primeiras entregas da nova colección de narrativa ilustrada), Consultorio dos nomes e apelidos galegos de Méndez Ferrín, Dicionario Xerais Castelán Galego e Chispas de Quesada. Estamos finalizando a edición d' As pontes no ceo (a derradeira entrega da triloxía Vidas de infancia de Ramiro Fonte), Ao pé do abismo (primeira colectánea de artigos de Rosa Aneiros), Madeira de Zapatero de Suso de Toro e Fidel Castro. A miña vida de Ignacio Ramonet. Iremos dando noticia da aparición destas novidades e dos adiantos dalgún dos seus capítulos.
Etiquetas:

Marcadores: , ,

1 Comments:

Anonymous Anônimo said...

Encántame a portada do repolo.

10:22 PM  

Postar um comentário

<< Home