23.12.07

Agustín Fernández Paz, nota grafolóxica

Ao fío dunha anotación de Marcos Valcércel sobre O único que queda é o amor (a recepción deste libro non pode ser máis entusiasta e unánime), aparece un comentario de Xohan da Coba (un dos habituais tertulianos do espazo de Marcos) no que realiza unhas notas grafolóxicas da caligrafía de Agustín Fernández Paz. Non podo resistirme a reproducilas (estas son as marabillas de ir tecendo a rede):

"A letra de AFP paréceme a de alguén moi intelixente, con enormes desexos de aprender acerca de cousas moi diversas. Con enorme capacidade autoimposta de traballo. Amigo dos amigos. Pero dáme a impresión de que tén conflitos internos, contradiciós na súa propia personalidade. Xeneroso porque vence a súa propia avaricia. Constante porque vence a súa tendencia á inconstancia. A pesar de tódolos seus éxitos, él quixera ser en realidade outro tipo de persoa. Góstalle o recoñecemento social, pero non á costa da vida persoal. Hai unha pequena compoñente autodestrutiva. Posiblemente o seu pai quería que fora unha cousa e a súa nai outra. Ó final vencéu "a nai". Mira continuamente ó pasado, buscando respostas.
Non lle dedes moito valor. Son impresiós nocturnas tras unha cea con bastante alcól. Ten razón o Xaime. Esta vida vaime matar."

Marcadores: ,