19.12.07

"Vigo por Magar III"

Hoxe, acompañados polo alcalde Abel Caballero, presentamos Vigo por Magar III, un novo volume da serie de Magar, o fotógrafo da vida viguesa das últimas catro décadas.
Magar ofrece neste terceiro volume da súa celebradísima serie «Vigo por Magar», iniciada en 2002, outras trescentas instantáneas, panorámicas e retratos que contribúen a enriquecer a reconstrución da historia viguesa das últimas catro décadas. Empregando as mellores posibilidades que ofrecen as ferramentas do fotoxornalismo, Magar ofrece unha viaxe emocionante, entrañable e comprometida polos avatares dunha cidade hiperdinámica que durante este período remudou a súa fasquía e ampliou o seu perímetro converténdose no corazón da Galicia urbana contemporánea. Trescentos cartaces en branco e negro que densifican a memoria próxima de tres xeracións de vigueses e viguesas. No libro amósase o esforzo desta «cidade puro milagre», a dos obreiros nas factorías de Barreras e Citröen, a das pescantinas do Berbés, mais tamén a cidade que na rúa reclama os seus dereitos. Nin a presenza dunha longa galería de familias, alcaldes, concelleiros, empresarios, bancarios, comerciantes, xornalistas, médicos, empregados, escritores, músicos, escolares, taxistas, bombeiros, policías municipais, funcionarios, peñas de amigos ou de xentes de máis posibles. Nin se oculta a importancia do deporte nunha comunidade con vontade de cidade olímpica, sexan os fondistas do Celta, os regatistas de esnais e traíñas, os balonmanistas do Vulcano, os futbolistas modestos do Peñasco ou os derbis do Celta co Pontevedra. Este novo «Vigo por Magar»provoca, como os dous libros anteriores, un recordo compartido que non é pasado nin peza de museo para nostálxicos saudosos. Un libro vivificador e vigorizante para activar a memoria propia ou familiar da cidade que ten a fortuna de ser homenaxeada pola cámara de Magar.
Etiquetas:

Marcadores: , , , , ,

6 Comments:

Anonymous Anônimo said...

Boas tardes a todos.

Alégrame o seu empeño en editar nun soporte estable a obra de Magar.

A min paréceme un fotógrafo extraordinario.

Almiral Mouchez

7:11 PM  
Anonymous Anônimo said...

Boas tardes de novo, desculpen que interveña dúas veces seguidas.

Magar fixo hai -moitos- anos unhas fotos de Jouko Kuha, que foi un dos grandes obstaculistas europeos, un fondista que no crespúsculo da súa carreira como atleta residiu uns meses en Vigo, creo que en casa de Javier (Álvarez Salgado), e sempre coa compaña e afecto daquel gran señor que era Alfonso Posada, que nin sequera sei se aínda vive...

En fin, eu era un neno.

Desculpen a nostalxia.

Andarán esas fotos polo libro, Señor Brétemas?

7:16 PM  
Blogger ARUME DOS PIÑEIROS said...

Vai polo terceiro e non para esta lenda viva do xornalismo. Eu, que non son de Vigo, considéroo un luxo para a cidade, como outros fotógrafos que contribuiron, máis que noutras cidades, á plasmación viva da súa historia.

10:01 PM  
Blogger Mínimos Diomedea said...

Boas noites, Brétemas.

Dado el matiz cultural y literario de tu página, nos gustaría invitarte a ti y a todos tus amigos y lectores a conocer esta iniciativa, a contracorriente de la inercia habitual y a favor del cuento.

Se trata de un concurso de relato breve en el que la dotación del premio tiene un "precio" simbólico, pero cuyo "valor" reside en todo el rigor y el amor a la literatura con la que está planteado.

La primera edición del premio ha sido un éxito, o así lo creemos, no por la dictadura de las cifras, sino por el nivel y la calidad del trabajo de los participantes. Ya está en curso la segunda edición del certamen, cuyas bases se pueden consultar en el siguiente enlace:

II Premio de Relato mínimo Diomedea

Esperamos participaciones de nuevos cuentistas. Podéis enviar relatos en gallego, si van acompañados de una traducción al castellano, para que puedan leerlo en toda Iberoamérica, en caso de resultar finalista o ganador. El relato se publicaría en formato bilingüe.

Muchas gracias por tu tiempo y tu atención, y disculpa cualquier molestia que este comentario pueda haberte ocasionado.

1:55 AM  
Anonymous Pablo Ferreira said...

Este libro para mi es una autentica joya, me gustan sus fotos me encanta poder tener una representacion grafica en forma de foto de lo que fue y es Vigo, yo tengo 25 años y poder ver lo que paso antes de que yo naciera y lo que paso desde mi nacimiento no puede ser mas que una delicia.

Gracias a Magar por sus fotos y gracias a Xerais por hacerlo posible.

Un abrazo

Pablo Ferreira

Subdirector de La Tanda

1:23 AM  
Anonymous Anônimo said...

buenas tardes, me encanta observar como era vigo en la epoca de mis abuelos y ver como ha ido cambiando poco a poco . El otro dia compre la tercera edicion y me sorprendi mucho al ver que salia mi abuelo en primera plana y ademas con dedicatoria. La verdad es que me sorprendio y me dio mucha alegria al saber que no solo yo lo consideraba un buen hombre sino que mucho gente lo queria y lo respetaba. gracias manuel bragado por esa sorpresa y esa ilusion que me has dado. un beso.

12:04 PM  

Postar um comentário

<< Home