Metro para o Gran Vigo
No artigo da semana propoño que se estude a viabilidade dun Metro para o Gran Vigo, inserido nun novo modelo de mobilidade metropolitana baseado no transporte colectivo intermodal. Hai experiencias abondas na península que demostran que isto non é nin unha quimera nin unha fantasía.
Etiquetas: Artigos
Marcadores: Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Vigo
7 Comments:
Non se pode dicir mellor, pero o triste do caso é que non se ven trazas, nin horizontes de tal proxecto. Que desgracia de políticos! Sobre todo cando un viaxa un pouquiño: a Xixón, por exemplo.
Moi necesario o metro en Vigo, que llo pregunten ós que van á praia no verán, tanto en bus coma en coche...
O caso é que no blog de Santi Domínguez posteei un comentario defendendo un metro e na contestación desvinculábase dese proxecto, defendendo outras formas de transporte. Dame que o do metro en Vigo vai ser que non.
Alberte: este é un debate estratéxico, no que cómpre ter paciencia. Vai moito máis alá do que un partido poida propoñer nun programa electoral concreto. Imaxino que Santi Domínguez contestaría iso para diferenciarse do PSOE (xa que a primeira proposta foi de Carlos G. Príncipe). En Vigo, ben sabemos, torres máis altas caíron. Eu teño confianza que se recuperen os debates de futuro como este da mobilidade. Levo case unha década facendo propostas dene as páxinas do "Faro" a catro gobernos municipais distintos. Non é este o momento do desánimo.
Coruña-Vigo nunha hora de tren... iso si que sería artellar país de verdade. E conste que esa duración non implica precisamente bater marcas de velocidade ferroviaria, nin moito menos, pero con iso xa nos conformamos. O déficit é tan grande, que calquera cousa nos dá unha alegría (aínda que sexa esa media horiña de Talgo que aforramos camiño de Madrid).
Concordo no fondo, de que urxe empezar a modernizar Galicia enteira con un transporte público eficaz e funcional, mais non concordo nas formas.
Todo o mundo ten ideas máis ou menos acertadas de obras que se deberían realizar para mellora-lo transporte, moitas veces (que non creo que sea o seu caso) enunciadas en termos localistas de "esta cidade necesita" ou "si eles teñen, nos tamén queremos". Pero bótanse en falta, nas tribunas públicas, que se demande unha eficiencia dos medios que temos actualmente dispoñibles antes de evaluar si realmente son necesarias novas infraestructuras ou proxectos. ¿Sería necesario un metro en Vigo si os autobuses da area metropolitana funcionasen correctamente, e o billete fose... poñamos gratuíto? Probablemente non.
Respecto do AVE, seguramente Vigo o necesite moitísimo, pero en Redondela (que é atravesada por él)sóbranos. Si temos que achegarnos a Vigo ou Pontevedra para collelo, xa nos leva menos tempo chegar a Coruña en vehículo privado, e con un custo seguramente similar. O mesmo se pode dicir dende Soutomaior, Mos... e outros concellos que tragan coas infraestructuras "que Vigo necesita", sin obter sempre un servicio acorde.
E para rematar, apúntolle que levamos xa uns anos en que o único problema de Galicia parece o transporte e as súas infraestruturas, e estamos empeñados en loitar contra a xeografía do noso país a golpe de bulldozer e formigoneira. ¿Non se arranxaría bastante do colapso circulatorio nas cidades evitándolle ás personas desplazándose a elas? Exemplo de manual: ¿por qué non se desplazan os especialistas médicos ós centros de saúde dos arredores de Vigo, un ou dous dias por semana en cada centro, no canto de facerlle ir a todo o mundo á Doblada, o Xeral ou Coia? E si falásemos de descentraliza-las urxencias, polo menos as menos graves, xa estaríamos matando dous páxaros de un tiro, pero como xa me vou afastando moito da idea de un metro para Vigo paro aquí e agradézolle a súa paciencia.
Eu estou dacordo no feito de que Vigo precisa melloras no transporte público.
No tocante ó "metro" para esta cidade teño que dicir que un sistema de metro é total e absolutamente desorbitado. De seguro que o que ospolíticos tenden a chamar "mtro" será realmente un "metro lixeiro" cun % do seu percorrido baixo terra como tamén se fará na Coruña.
Modernización dos sistemas de transporte XA!
Como vigués que soy, creo que el proyecto del metro es necesario,nos tienen abandonados y esto no puede seguir asi, parece que se le da la misma importncia a una ciudad de 465.000 hbitantes que a una de 90.000...vigo, como ciudad más grande de galicia tanto en extensión como en población necesita mucho más..un saludo
Postar um comentário
<< Home