
Dende onte podemos utilizar o
web Letras de Galicia, un portal destinado a promover a literatura galega no exterior. Promovido pola Consellaría de Cultura, este espazo, xunto co
catálogo de dereitos read.galicia, está chamado a converterse na peza principal dunha estratexia exportadora do noso sector editorial e da consolidación dunha marca ("Letras de Galicia") para a súa visibbilidade no mercado internacional. Información
sobre a literatura galega, sobre
o estado da nosa edición ou sobre as
axudas para a tradución son algúns dos contidos principais dun espazo ben deseñado e atractivo. Aparece só en castelán, aínda que sabemos se está preparando unha versión en inglés. Un paso adiante moi sólido, que merece as nosas beizóns.
Marcadores: Beizóns, Cultura, Internet, Traducións
3 Comments:
e o sitio web só en español. Interésanos iso? vostede que opina? será unha visión miña do entroido?
Entendo que será multilingüe, polo menos en galego, castelán e inglés. Creo que se priorizou que aparecese en castelán por mor da presenza galega na Feira do Libro da Habana.
Multilingüe, neste momento só está en español. Ti tes acceso á versión en galego ou a outras linguas?
Que se priorizou en castelán por... a vostede que lle parece. A min moi forte!!!! e incríbel por parte de Consellaría de que chega.
Obrigada
Postar um comentário
<< Home