2.2.08

Xabier P. Docampo

Mágoa que non poidamos acompañar hoxe ao noso ben querido Xabier Puente Docampo na merecidísima homenaxe que lle rende o Salón do Libro de Pontevedra. Xabier leva feita unha contribución monumental ás nosas letras e ao noso afán colectivo de conformación dun criterio literario nos lectores de todas idades, que non se pode pagar cunhas poucas palabras. A súa concepción da narración, oral ou escrita (que no seu caso tanto ten, unha cousa coma a outra) como o máis sublime acto de amor, transforma cada un dos seus textos, sometidos a un proceso de depuración que acada cotas de auténtico delirio, en alfaias de emoción que permiten desvelar todas as marxes da condición humana. Ademais, Xabier é un animador educativo e cultural teimudo de creatividade desbordada (velaí o seu máis recente proxecto), e, sobre todo, unha persoa cabal na que poder espellarse como ser humano. Hai máis importantes razóns para abenzoalo? Beizóns, mestre! Con todos os abrazos.
Etiquetas:

Marcadores: , ,

1 Comments:

Anonymous Anônimo said...

Sabía da súa afección polas campás repoludas,polas chaves no fondo do mar...Así que tamén lle van "as velux"! Outro abrazo virtual a ese hook (ou será con ele!)narrativo!!

9:02 PM  

Postar um comentário

<< Home