Encontros Plan Mellora de Bibliotecas Escolares 07/08
Xa coñecemos o programa dos Encontros do Plan Mellora de Bibliotecas Escolares 07/o8 que organiza en Sanxenxo a Asesoría de Bibliotecas Escolares da Consellaría de Educación.
Na primeira xornada, 3 de abril, xoves, haberá tres conferencias:
Na primeira xornada, 3 de abril, xoves, haberá tres conferencias:
- ¡Canto vale? ¿Canto custa? ¿Para que serve? ¿É rendible? ou Como avaliar procesos e resultados na biblioteca escolar?, José Antonio Camacho.
- Aprender a ler: ler para aprender, María de Lourdes Dionísio.
- A lectura en galego no marco da nova literacidade: o caso dos blogs, Manuel Bragado.
e tres obradoiros:
- Proxectos de traballo coa tradición oral, Antón Castro.
- Espertar as ganas de ler. Presentación de libros, Charo Pita.
- Ferramentas na Rede, José Fariña. José Luís Barreiro.
Na segunda, venres, catro conferencias:
- A biblioteca escolar: centro de recursos para a aprendizaxe e a alfabetización informacional, Villar Arellano.
- Biblioteca escolar e proxectos lectores. Recursos electrónicos e o seu aproveitamento, José Manuel Luque.
- Fomento da lectura en contornos dixitais, Laura Borras Castanyer.
- "El cementerio de los elefantes", Gonzalo Moure.
Etiquetas: Bibliotecas_Escolares
Marcadores: Bibliotecas, Eventos
1 Comments:
Laura Borrás é unha das persoas que máis saben sobre a literatura na rede, sobre todo, de teatro experimental a través de internet. Veu o ano pasado a un congreso que nós organizabamos e deixounos pampos. E ademáis é persoa ben simpática. Tiven a gran sorte de presentala e merece moito a pena escoitala.
Postar um comentário
<< Home