Enrique X. Macías 1983
Moito agradezo a Pablo Eifonso a recuperación deste documento, publicado o 6 de febreiro de 1983, con motivo da reacción moi irada dos sectores da "música oficial" viguesa (para eles "Cultura" en maiúsculas) tras senllos concertos no Auditorio Municipal onde se interpretaron obras de Enrique X. Macías. O texto serviume para lembrar o concerto, botar unhas risas e gozar dunha aceda melancolía sobre o acontecido e a reacción da caverna. A oportuna anotación de Eifonso (deostra que dispón dun moi valioso arquivo hemerográfico) amosa, ademais, a necesidade imperiosa de continuar cos exercicios de memoria. Grazas, moitas grazas por expurgar para a rede este documento.
Clicando sobre a imaxe pode lerse comodamente.
Clicando sobre a imaxe pode lerse comodamente.
Etiquetas: Enrique_X_Macías
2 Comments:
En 1983 a Diputación Provincial de Pontevedra gastou o seu presuposto anual destinado a actividades musicais a este monográfico Enrique Macías que tivo moi pouca lóxica e menor repercusión.
A ninguén lle pode sorprender que o monográfico provocara a protesta solidaria da totalidade dos músicos de Pontevedra que se viron marrxinados pola decisión arbitraria e antidemocrática de adicar o 100 % da partida presupuestaria correspondente a un único artista sen mediar publicidade previa a semellante decisión.
Foi un coletazo mais do franquismo.
Non conhecia o dato que aporta Xoan M. Carreira. Dende logo, ainda que o ton da carta e moi provinciano, o tempo te dado a razon aos musicos que a asinan. Incluso os nomes mais granados da vangarda tenhen o seu prestixio en "estado terminal", citando a musicologa norteamericana Susan McClary. E xente como Macias, musicos sen ideas orixinais nin capacidade para a copia, tenhen sido xustamente esquecidos. Penso que el ten unha rua en Vigo, que xa e bastante mais do merecido.
Saudos,
Enrique Sacau
Postar um comentário
<< Home