
No
artigo da semana presento as características e a significación da nova edición d'
A cidade e os días, o calendario histórico de Vigo de
Xosé María Álvarez Blázquez que traducimos para o galego e
presentamos onte. Non podo agachar a miña satisfacción. Esta tradución, na que tivo un papel destacadísimo
Pablo Sánchez Mato, é o noso gran de area á homenaxe nacional a don Xosé María. Tamén produciunos ledicia a entrada en almacén o pasado venres da
Fotobiografía sobre don Xosé María, preparada por Alfonso Álvarez Cáccamo, un álbum fotobiográfico no que se recollen máis de catrocentos documentos e fotografías.
O
luns, ás 20:00 horas no Auditorio da rúa Areal do Concello de Vigo, teremos a honra de presentar a
homenaxe do
Club Faro de Vigo á figura de XMAB na que participarán o seu fillo Alfonso, o académico Darío Xohán Cabana e o presidente da Real Academia Galega Xosé Ramón Barreiro Fernández.
Marcadores: 17_de_maio, Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Presentacións, Vigo, Xerais
1 Comments:
Benquerido Brétemas:
Beizóns polas túas palabras, pero eu só intentei achegar o meu gran de area para que a edición desta magna obra fose unha realidade. O papel protagonista é teu, da editorial e do concello por apostar por esta obra.
Postar um comentário
<< Home