9.5.08

Entrevista a Manuel Rivas

Manuel Rivas é entrevistado na revista UNELIBROS. Manolo, entre outras cousas ben interesantes, propón a creación dun novo ecosistema para a promoción da lectura e do libro: o pub-taberna-libraría. Quedo con estas tres afirmacións en defensa do libro, a lectura e a biblioteca:
  • “A lectura, o libro e os espazos onde están son lugares de resistencia humanística esenciais. A nosa sorte depende de que eses espazos se manteñan ou desaparezan completamente da natureza”.
  • "O libro é algo que pertence á natureza, que ten a condición de froito".
  • "Os centros escolares deberían ter como epicentro arquitectónico a biblioteca".
    A longa entrevista pode lerse neste pdf (nas páxinas 13 a 15) do número completa da revista.

Marcadores: , , ,

1 Comments:

Anonymous Anônimo said...

Los centros escolares deberían tener como epicentro arquitectónico la biblioteca. Un espacio que tuviera además un escenario teatral...!!!

Totalmente de acordo co poeta máis xa llo podía dicir á Consellería de Educación e na súa Delegación en Pontevedra que veñen de DECIDIR desfacer unha Biblioteca para facer aulas e despachos... arrinconala no lugar máis umbrío e frío do recinto e o Salón de Actos con escenario tal e como foi solicitou polo Consello Escolar NIN FALAR SIQUERA !

Disque non hai cartos!

Pero vexo que para repartir 20.000 exemplares dunha novela en GADIS (Grupo Tojeiro - alias Reganosa) e facelo nunha bolsa de plástico que levará impreso un poema de Alvarez Blázquez titulado 'A Cometa' para iso sobran os 50 millóns de euros da Conselleira de Cultura!

Lástima que o Manolo Rivas non sexa Conselleiro de Algo

Ben podíamos todos empezar a RESISTIRNOS ós despilfarros mediáticos da Cultura e CONSTRUIR BIBLIOTECAS ESCOLARES E PARANINFOS onde florezan as artes e as letras do país...!

Mentres tiraremos do carro ata onde se poda...!

6:44 PM  

Postar um comentário

<< Home