17.5.08

O oso de Martín Curty

Onte a estatua do poeta Manuel Curros Enríquez foi reubicada de novo na Alameda viguesa (é certo que non exactamente no seu emprazamento orixinal) o que constitúe un acto de xustiza poética que celebramos. Porén, os lectores de Faro almorzamos cun artigo do arquitecto Martín Curty. Literariamente o texto, a pesar da súa pretendida ironía, non ten graza ningunha, mais no contexto da homenaxe ao poeta de Celanova constitúe un ferinte exercicio de mal gusto. Hoxe leo a oportunísima anotación de Pablo Eifonso colocando a tan gracioso articulista no seu contexto.

Marcadores:

1 Comments:

Anonymous Lamentable espectáculo said...

Pueril, patético e moitas cousas máis o deste adaíl da "cultura do ladrillo" e da conta corrente. E penoso que os do autodenominado "Instituto de EStudios Vigueses" calen ante o lamentable espectáculo dun dos seus membros que asina como parte deste.

1:22 PM  

Postar um comentário

<< Home