
Esta tarde estaremos en Ourense participando na mesa redonda sobre
"Escritores e blogosfera" que se celebrará dentro da xornada
"2.0 A nova ágora galega". Co vagar do que dispoñamos intentaremos respostar ás preguntas que xa nos formularon dende o blog do evento (unha boa práctica que deberiamos implementar no futuro en convocatorias semellantes). A miña primeira intervención xirará arredor do concepto de literacidade que veño manexando dende hai tempo e o novo concepto de
lectura. Ademais, intentarei abordar as dúas cuestións que, ata agora, nos formulan dende a rede: o papel das editoras galegas fronte á revolución dixital e sobre as licenzas Creative Commons.
Marcadores: Eventos, Literacidade
1 Comments:
Esa primeira intervención súa, completa e concisa, foi para anotar, do principio ó final. E non é peloteo, que o libro xa mo publicaron.
Un pracer, de verdade.
Postar um comentário
<< Home