26.7.08

Nova Escola Galega, 25 anos

Galicia hoxe publica unha entrevista con Xosé Lastra Muruais, presidente de Nova Escola Galega, con motivo do vinte e cinco aniversario do noso movemento de renovación pedagóxica. Esta é unha efeméride que para min non pode pasar desapercibida. A miña vida profesional, tanto como docente, pedagogo e editor non se pode entender sen Nova Escola Galega, un colectivo de medio milleiro de profesionais da educación soñadores que, dende eidos diferentes (a escola, a universidade, os concellos, a edición educativa privada ou dende a merecida xubilación) seguimos teimando na procura da escola galega das pombas. Ten moita razón Lastra cando amosa a vixencia do noso proxecto, continuamos acometendo "unha acción decidida, autónoma e favorable á causa da educación pública e democrática, laica, galeguizadora e socialmente integradora, amais de respectuosa co pluralismo democrático". Nestes vinte e cinco anos, mudaron moito a escola e a sociedade galega, porén continúa a nosa teima pola construción dunha escola pública galega. O vindeiro 29 de novembro estaremos no Museo Pedagóxico Galego para celebrar este primeiro século de angueira, o que é dicir unha parte vital das nosas vidas.

Marcadores: ,

4 Comments:

Anonymous Anônimo said...

Unha posicion muy sensata, sin radicalismos nin politikeos.A.Coruñes

2:00 PM  
Blogger Maruxa said...

25 anos para non comprender:

- que os galegos seguimos falando castelán como primeira lingua
- que non se pode obrigar a xente a falar galego (en Vigo a xente da rúa falamos castelán)
- que a fala ten q xurdir de xeito natural ... non se pode impoñer
pero vostedes sigan, pode ser que dentro de 25 anos sigan no seu recuncho evitando a competencia de escritores e intelectuais bragados en unha lingua falada por mais de 400 millóns de persoas e que os galegos xa decidimos, fai tempo, que tamén e nosa.

11:32 PM  
Anonymous Anônimo said...

Habria k preguntarse por k o galego falabase antes mais k agora.Kizais falabase mais nos tempos do PP.Kizais viase mais "natural", mais mayoria, agora parece k se reduce a un ambito so nacionalista.Algo ten k cambiar.
A.Coruñes

12:19 AM  
Anonymous Anônimo said...

¡Caramba con Maruxa, como pontifica! Víñalle ben ler as últimas estadísticas sobre usos do galego e do castelán neste país.
Como nos blogs hai que ser breve, só deixo unhas liñas sobre a curiosa inversión da realidade que fai nos seus dous últimos axiomas: ao falar de "imposición" non di nada sobre a obriga que todos temos de saber o castelán (velaí o artigo 3 da Constitución, e, antes, as leis da ditadura) e volve teimar na imaxinaria "imposición" do galego, a ver se, a forza de repetila, acaba callando a idea. ¡Aí, eses prexuízos!

10:43 AM  

Postar um comentário

<< Home